BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp17 núm. 1
  • Como che pode axudar a ti a Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como che pode axudar a ti a Biblia?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
  • Información relacionada
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
  • Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
    Onde atopar respostas ás grandes preguntas?
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2017
wp17 núm. 1
Unha parella cociñando xuntos.

TEMA DE PORTADA | DESFRUTA DE LER A BIBLIA

Como che pode axudar a ti a Biblia?

A Biblia non é un libro calquera. Contén os consellos do noso Creador (2 Timoteo 3:16). A súa mensaxe pode influír moito en nós. De feito, ela mesma di: “A palabra de Deus é viva e dinámica” (Hebreos 4:12). Ten o poder de mellorar a nosa vida de dous xeitos: dándonos consellos para a vida diaria e axudándonos a coñecer a Deus e as súas promesas (1 Timoteo 4:8; Santiago 4:8).

Consellos para o día a día. A Biblia pode axudarnos en temas persoais dándonos bos consellos sobre:

  • A relación cos demais (Efesios 4:31, 32; 5:22, 25, 28, 33).

  • A saúde física e emocional (Salmo 37:8; Proverbios 17:22).

  • Os valores morais (Gálatas 5:19-21).

  • Asuntos económicos (Proverbios 10:4; 28:19; Efesios 4:28).a

Unha parella nova de Asia comprobou o bos que son os consellos da Biblia. Igual ca moitos que acaban de casar, tiñan problemas para adaptarse o un ó outro e para comunicarse. Pero comezaron a levar á práctica o que lían na Biblia. Cal foi o resultado? Vicent, o home, di: “A Biblia axudoume a afrontar os retos do matrimonio con amor. Levar á práctica os seus consellos fíxonos felices”. A súa muller Annalou está de acordo con el: “Os exemplos que lemos na Biblia fixéronnos moito ben. Agora son feliz e estou contenta co meu matrimonio e cos obxectivos que temos en común”.

Axuda para coñecer a Deus. Ademais do que Vicent dixo sobre o seu matrimonio, tamén comenta: “Grazas a ler a Biblia síntome máis preto ca nunca de Xehová”. O que el di destaca unha idea clave: a Biblia pode axudarche a coñecer mellor a Deus. Se o fas, non só sacarás proveito dos seus consellos, senón que ademais faraste o seu amigo. Verás que na súa Palabra fálanos dun futuro mellor, no que desfrutaremos para sempre da “verdadeira vida” (1 Timoteo 6:19). Isto é algo que ningún outro libro nos pode ofrecer.

Se te pos o obxectivo de ler a Biblia e te esforzas por conseguilo, ti tamén poderás mellorar a túa vida e coñecer mellor a Deus. Con todo, cando te poñas a lela seguramente che xurdan moitas preguntas. Cando isto che pase, lembra o exemplo dun funcionario etíope que viviu hai uns dous mil anos. Tiña moitas preguntas sobre a Biblia e cando lle preguntaron se entendía o que estaba a ler, dixo: “¿Como o vou entender, se ninguén mo explica?”. Logo, aceptou de boa gana a axuda de Felipe, que era un seguidor de Xesús e un bo mestre da Biblia (Feitos 8:30, 31, 34). Do mesmo xeito, se queres entender mellor a Biblia, invitámoste a encher un formulario na páxina www.jw.org ou a escribir ó enderezo máis próximo dos que aparecen nesta revista. Tamén te podes poñer en contacto coas testemuñas de Xehová da túa zona ou visitar un Salón do Reino. Animámoste a facerte cunha Biblia hoxe mesmo e a deixar que mellore a túa vida!

Se tes dúbidas sobre se se pode confiar na Biblia, mira o vídeo Podemos confiar no que di a Biblia?. Podes atopalo en jw.org poñendo o título na pestana “Buscar”.

a Se queres ver máis exemplos dos bos consellos que dá a Biblia, vai a jw.org. Entra na sección ENSINANZAS DA BIBLIA > PREGUNTAS SOBRE A BIBLIA.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir