Como podemos usar as publicacións gravadas
1. Ademais das publicacións escritas, que outras opcións temos dispoñibles na nosa páxina web?
1 A moitos gústalles ler a Biblia en jw.org (Ecl. 12:10). Probaches a escoitalas? Isto é posible grazas a que moita da información da nosa páxina web está dispoñible en audio. Que vantaxes ten escoitar as publicacións gravadas?
2. Que beneficios ten escoitar as publicacións gravadas tanto individualmente coma en familia?
2 Para nós e maila nosa familia. Aproveitaremos ben o tempo se escoitamos as gravacións da Biblia, as revistas ou calquera outra publicación mentres viaxamos ou durante as nosas actividades diarias (Ef. 5:15, 16). Para facer máis amena a nosa Adoración en Familia podemos poñer a gravación e seguir a lectura na publicación. Ademais, axúdannos no noso estudo persoal, especialmente se queremos mellorar na lectura ou estamos aprendendo outro idioma.
3. Que persoas da zona onde predicamos se poden beneficiar das publicacións gravadas?
3 Para as persoas ás que predicamos. As persoas que teñen pouco tempo para ler quizais estean dispostas a escoitar algunha publicación gravada. E se atopamos alguén que fala outro idioma, é probable que responda mellor á mensaxe do Reino se a escoita “na súa propia lingua” (Feit. 2:6-8). Hai culturas que contan cunha importante tradición oral. Por exemplo, os hmong transmiten oralmente a historia do seu pobo de xeración en xeración, así que están afeitos a memorizar datos só escoitando. E en África, os relatos orais son un método de ensinanza típico de moitos pobos.
4. Como podemos usar as gravacións?
4 Pensas que sería útil poñerlles unha gravación na súa lingua materna ás persoas ás que predicas? Por que non lle mandas por correo electrónico unha publicación gravada a alguén que creas que lle gustaría? Se visitas a alguén interesado na mensaxe, por que non probas a darlle algunha publicación gravada nun CD, ademais da versión impresa? Lembra que podes anotar no informe tódolos libros, folletos, revistas ou folliñas en formato electrónico que deixes. Como vemos, as publicacións gravadas están deseñadas para que as usemos tanto no noso estudo persoal coma para espallar a semente do Reino (1a Cor. 3:6).