BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • km 12/15 páx. 1
  • Sigamos o exemplo dos profetas: Habacuc

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sigamos o exemplo dos profetas: Habacuc
  • O Ministerio do Reino (2015)
  • Información relacionada
  • Manteñámonos espiritualmente alerta e activos
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
O Ministerio do Reino (2015)
km 12/15 páx. 1

Sigamos o exemplo dos profetas: Habacuc

1. Por que podemos chegar a sentirnos identificados co profeta Habacuc?

1 A medida que aumenta a maldade no mundo que nos rodea, poida que nos sintamos coma Habacuc, quen preguntou a Xehová: “¿Por que me fas ve-la iniquidade e me fas contempla-lo crime?” (Hab. 1:3; 2a Tim. 3:1, 13). Meditar na súa mensaxe e no seu exemplo de fidelidade daranos ánimos mentres agardamos o día de xuízo de Xehová (2a Pe. 3:7).

2. Como demostramos que vivimos pola nosa fe?

2 O xusto vive pola súa fe. Habacuc non deixou que as súas circunstancias o paralizasen; mantívose espiritualmente esperto e activo (Hab. 2:1). Xehová aseguroulle que a Súa palabra se había cumprir no momento preciso e que o xusto viviría “pola súa fe” (Hab. 2:2-4). Que implicacións ten para nós que o tempo da fin estea tan avanzado? É máis importante estar convencidos de que virá a fin que saber cando virá. A fe motívanos a seguir espertos e a darlle prioridade á obra de predicar (Heb. 10:38, 39).

3. Por que debemos manter o gozo de servir a Xehová?

3 Exultarei co Señor. O ataque de Gog de Magog ó pobo de Deus poñerá a proba a nosa fe (Ez. 38:2, 10-12). Os conflitos traen sufrimento mesmo para os vencedores. Quizais escaseen os alimentos, a xente quede sen as súas pertenzas e a calidade de vida baixe. Como reaccionaremos? Habacuc contaba con vivir intres difíciles, e por iso estaba decidido a manter o gozo de servir a Xehová (Hab. 3:16-19). “O gozo do Señor” tamén pode axudarnos a nós a aturar as probas que veñan (Neh. 8:10; Heb. 12:2).

4. De que podemos desfrutar agora e no futuro?

4 Xehová seguirá a educar nos Seus camiños a tódolos que salve durante o Seu día de xuízo (Hab. 2:14). Os resucitados tamén aprenderán acerca d’El. Non deixemos de aproveitar calquera oportunidade para falar de Xehová e das súas grandes obras (Sal. 34:2 [34:1, NM]; 71:17).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir