BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb16 abril páx. 3
  • Animemos e fortalezamos os demais escollendo ben as nosas palabras

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Animemos e fortalezamos os demais escollendo ben as nosas palabras
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Información relacionada
  • A Xehová gústalle que oremos por outros
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Pon a túa esperanza en Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
mwb16 abril páx. 3

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 16-20

Animemos e fortalezamos os demais escollendo ben as nosas palabras

Cando aconsellamos a alguén, as nosas palabras deberían servir para fortalecer

16:5

  • Xob estaba deprimido e angustiado; por iso necesitaba o ánimo e o apoio dos demais.

  • Os tres amigos de Xob non dixeron nada para consolalo; máis ben lanzáronlle acusacións e fixérono sentir peor do que xa estaba.

As palabras pouco amables de Bildad causáronlle moita angustia a Xob

19:2, 25

  • Xob suplicoulle a Xehová que o liberase dalgún xeito, mesmo lle pediu a morte.

  • Xob centrouse na súa esperanza da resurrección e así puido aguantar fielmente.

Bildad e Sofar observan mentres Elifaz fala con Xob

OS MALOS CONSELLEIROS DE XOB

Elifaz

Elifaz

  • Posiblemente era de Temán, na terra de Edom. Temán aparece en Xeremías 49:7 como un centro do saber na zona.

  • Probablemente era o máis vello e influínte dos “consoladores”, e foi o primeiro en falar. Fixo tres discursos e falou máis que os outros dous.

Acusacións falsas

  • Ridiculizou a integridade de Xob e dixo que Deus non confiaba nos seus servos (Xob 4, 5).

  • Chamoulle fachendoso e malvado e afirmou que non temía a Deus (Xob 15).

  • Acusouno de cobizoso e inxusto, e asegurou que a Deus non lle importa se facemos ben ou mal (Xob 22).

Bildad

Bildad

  • Descendente de Xúah. Probablemente vivía nos arredores do río Éufrates.

  • Foi o segundo en falar. Os seus tres discursos foron máis breves e máis daniños que os de Elifaz.

Acusacións falsas

  • Deu a entender que os fillos de Xob pecaran, que merecían todo canto lles pasara, e que o propio Xob non temía a Deus (Xob 8).

  • Insinuou que fixera algo malo (Xob 18).

  • Afirmou que ser íntegro non serve de nada (Xob 25).

Sofar

Sofar

  • Era da terra de Namat, posiblemente da zona noroeste de Arabia.

  • Foi o terceiro en falar, e o máis duro con Xob. Deu só dous discursos.

Acusacións falsas

  • Acusou a Xob de ser un leriante e un falabarato, e díxolle que debía abandonar as súas malas prácticas (Xob 11).

  • Insinuou que era impío e que desfrutaba facendo o mal (Xob 20).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir