TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 52-59
Deixa as túas preocupacións nas mans de Xehová
Ó longo da súa vida, David tivo que facer fronte a probas moi duras. Para cando compuxo o Salmo 55, xa levaba sufrido...
Insultos
Persecución
Profundos sentimentos de culpa
Traxedias familiares
Enfermidade
Traizón
Mesmo cando os seus problemas parecían insoportables, David atopou o modo de facerlles fronte. Dá o seguinte consello inspirado a calquera que se poida sentir coma el: “Encomenda ó Señor as túas preocupacións”.
Como podemos aplicar este versículo hoxe en día?
55:23 (55:22, NM)
Ábrelle o corazón a Xehová en oración ante calquera problema ou preocupación que teñas.
Busca a guía e o apoio da Palabra de Deus e da Súa organización.
Fai todo o que razoablemente poidas para mellorar a situación, sempre de acordo cos principios bíblicos.