BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb16 setembro páx. 8
  • Que erros debemos evitar ó dar cursos bíblicos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que erros debemos evitar ó dar cursos bíblicos
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Información relacionada
  • Simplicidade
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Como dirixir clases da Biblia utilizando “Desfruta da vida para sempre!”
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Como sacarlle o máximo partido ó libro Ensina
    O Ministerio do Reino (2015)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
mwb16 setembro páx. 8

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que erros debemos evitar ó dar cursos bíblicos

Edición impresa
Un irmán que fala moito durante a clase bíblica

Falar moito. Non é necesario que ti o expliques todo. Xesús facía preguntas para axudar á xente a razoar e chegar á conclusión correcta (Mt. 17:24-27). As preguntas fan máis amena a sesión de estudo e permiten ver que cre o estudante e se entende a información (be-S páx. 253 pars. 3, 4). Cando lle fagas unha pregunta, sé paciente e déixalle tempo para responder. Se non sabe a resposta, non lla digas. É mellor facerlle preguntas adicionais que lle axuden a chegar á resposta correcta en por el (be-S páx. 238 pars. 1, 2). Fálalle a un ritmo que lle permita asimilar as ideas novas que está a aprender (be-S páx. 230 par. 4).

Moitos detalles complicados acerca de por que imos a vellos

Complicar a explicación. Evita a tentación de contarlle todo o que sabes do tema que esteades estudando (Xn. 16:12). Céntrate no punto que destaca o parágrafo (be-S páx. 226 pars. 4, 5). Dar demasiados detalles, aínda que sexan moi interesantes, fai que se perdan as ideas principais (be-S páx. 235 par. 3). Unha vez que o estudante entendeu o punto, pasa ó seguinte parágrafo.

Un irmán abarca demasiada información e confunde o estudante

Limitarse a abranguer a información. O noso obxectivo é chegar ó corazón, non se limita a ler a información (Lc. 24:32). Aproveita o poder da Palabra de Deus para destacar os textos clave (2 Cor. 10:4; Heb. 4:12; be-S páx. 144 pars. 1-3). Pon ilustracións sinxelas (be-S páx. 245 pars. 2-4). Pensa nas crenzas e retos de cada estudante e adapta a clase ás súas necesidades. Podes preguntarlle, por exemplo: “Que pensas disto que estamos aprendendo?”, “Que nos ensina isto acerca de Xehová?”, “Que efectos positivos cres que ten aplicar este consello?” (be-S páx. 238 pars. 3-5; páx. 259 par. 1).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir