BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb16 setembro páx. 7
  • Sexamos mellores mestres. Invitemos ás reunións ós que se interesan na mensaxe

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sexamos mellores mestres. Invitemos ás reunións ós que se interesan na mensaxe
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Información relacionada
  • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Axudemos ós estudantes a asistir ás reunións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Como presentar...
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Como presentar...
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
mwb16 setembro páx. 7

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Invitemos ás reunións ós que se interesan na mensaxe

Un irmán ofrécelle a invitación para a reunión a un amo de casa

POR QUE É IMPORTANTE. As reunións dannos a oportunidade de cantar e louvar a Xehová con regularidade (Sal. 149:1). Nelas aprendemos a facer a súa vontade (Sal. 143:10). Tanto os que mostran interese coma os estudantes da Biblia fan máis progresos cando comezan a asistir ás reunións.

EN OUTUBRO OFRECEREMOS A INVITACIÓN PARA AS REUNIÓNS

Tras asistir por primeira vez ás nosas reunións, algunhas persoas chegan á seguinte conclusión: “Realmente Deus está no medio de vós” (1 Cor. 14:25). Durante o mes de outubro, centraremos os nosos esforzos en invitar as persoas á reunión da fin de semana. Entreguemos a invitación e, se a persoa nolo permite, poñámoslle o vídeo Como son as nosas reunións?. A próxima semana proxectarase e comentarase unha presentación de mostra.

COMO FAGO?

  • Invita a persoa o antes posible. Non é necesario que esperes a ter establecido un curso da Biblia (Ap. 22:17).

  • Testemuñas de Xehová entrando nunha sala de reunións

    Explícalle como son as nosas reunións e de que se falará na seguinte. Podes probar con algunha destas axudas: a invitación para as reunións, o vídeo Como son as nosas reunións?, ou as leccións 5 e 7 do folleto Vontade de Xehová.

  • Un irmán compartindo a súa Biblia cunha persoa interesada

    Ofrécelle axuda. Por exemplo, pregúntalle se necesita transporte ou orientación para escoller roupa axeitada. Senta ó seu lado na reunión, comparte con ela as publicacións, e preséntalle os irmáns.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir