Tempo dedicado a estudar e reflexionar
Como presentar...
¡DESPERTAD!
Pregunta. Será Deus o autor da Biblia? Ou simplemente contén as ideas dos homes que a escribiron?
Texto. 2 Tim. 3:16
Publicación. Este número da revista ¡Despertad! analiza tres probas que demostran que Deus é o autor da Biblia.
ENSINEMOS COA BIBLIA
Pregunta. Como deberiamos ver o don da vida?
Texto. Ap. 4:11
Ensinanza. Como a vida é un regalo de Deus, debemos tratala con respecto. Entendemos a importancia das medidas de seguridade, e nunca lle quitaríamos a vida a ninguén intencionadamente. Estimamos moito o don da vida.
CAL É O SEGREDO DUNHA FAMILIA FELIZ? (T-32)
Pregunta. Mire a pregunta que se fai aquí e as posibles respostas. Vostede que opina?
Texto. Lc. 11:28
Publicación. Esta folliña explica brevemente que podería significar para vostede e a súa familia, e por que podemos confiar no que di a Biblia.
DESEÑA A TÚA PRESENTACIÓN
Deseña a túa propia presentación seguindo a estrutura dos exemplos anteriores.