BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb17 xuño páx. 8
  • Desfrutemos predicando as boas novas

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Desfrutemos predicando as boas novas
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • Información relacionada
  • Como se están a predicar as boas noticias?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Boas novas!
    Cantémoslle a Xehová con alegría
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
mwb17 xuño páx. 8

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Desfrutemos predicando as boas novas

Algunha vez che costou predicar? A maioría diríamos que si. Por que? Poida que as persoas respondan con indiferenza ou agresividade á mensaxe, ou que nos coste falar con descoñecidos. O certo é que cousas coma estas poden roubarnos a alegría. Non obstante, adoramos o Deus feliz, quen desexa que o sirvamos con ledicia (Sal. 100:2; 1 Tim. 1:11, NM). Que tres razóns temos para desfrutar da predicación?

En primeiro lugar, levamos unha mensaxe de esperanza. Nun mundo que cada vez ten menos esperanza, podemos chegar ós corazóns das persoas coas “boas novas” de algo mellor (Is. 52:7). A nós tamén poden enchernos de alegría as boas novas do Reino de Deus. Así que antes de saír a predicar, por que non pensamos nas bendicións que o Reino traerá á terra?

En segundo lugar, as boas novas que predicamos benefician as persoas física e espiritualmente. Deixan atrás prácticas daniñas e obteñen a esperanza de vivir para sempre (Is. 48:17, 18; Rm. 1:16). Imaxinemos que estamos facendo un labor de busca e rescate. Mesmo se algunha xente non quere que a rescaten, nós seguimos buscando os que si queren ser rescatados (Mt. 10:11-14).

En terceiro lugar, e o máis importante, coa nosa predicación honramos a Xehová. El valora moito o que facemos a este respecto (Is. 43:10; Heb. 6:10). Ademais, dános con xenerosidade o seu espírito para que poidamos cumprir con esta tarefa. Polo tanto, roguémoslle a Xehová que nos dea alegría, que é parte do froito do espírito (Gál. 5:22). Coa súa axuda, poderemos vencer as nosas ansias e temores e predicar con valor (Feit. 4:31). Así, independentemente de como reaccionen á nosa mensaxe, desfrutaremos da nosa responsabilidade de predicar (Ez. 3:3).

Actitudes opostas na predicación: infeliz e feliz

Que actitude che gustaría ter cando vas predicar? Como podes demostrar alegría?

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO RECUPEREI A LEDICIA DE SERVIR A XEHOVÁ RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que estudar a Biblia debe ser algo prioritario, mesmo se predicamos moitas horas ó mes?

  • En que debemos imitar a Mary?

  • Que momentos dedicas a reflexionar na Palabra de Deus?

  • Que aspectos da predicación desfrutas máis?

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir