A NOSA VIDA CRISTIÁ
Por que valoras a adoración pura?
A visión do templo de Ezequiel animou os xudeus que vivían no exilio porque lles deu a confianza de que a adoración pura sería restablecida. Durante os días derradeiros, a adoración pura será levantada “por enriba dos montes”, e nós estamos entre as xentes que se xuntarán nela (Is. 2:2). Adoitas reflexionar no honor que supón coñecer e servir a Xehová?
BENDICIÓNS DA ADORACIÓN PURA
Alimento espiritual abundante que dá resposta ás preguntas importantes da vida, consellos prácticos e unha esperanza real (Is. 48:17, 18; 65:13; Rm. 15:4).
Unha irmandade mundial (Sal. 133:1; Xn. 13:35)
O honor de colaborar con Xehová nun labor que nos fai felices (Feit. 20:35; 1 Cor. 3:9)
“A paz de Deus” que nos dá forzas durante a adversidade (Flp. 4:6, 7)
Unha conciencia limpa (2 Tim. 1:3)
Unha amizade estreita con Xehová (Sal. 25:14)
De que xeitos podo demostrar que valoro a adoración pura?