A NOSA VIDA CRISTIÁ
Ensinémoslles a servir a Xehová con constancia
A experiencia demostra que, cando preparamos os novos predicadores dende o comezo para predicar con regularidade e entusiasmo, adoitan converterse en predicadores eficaces (Pr. 22:6; Flp. 3:16). A continuación veremos algunhas suxestións para axudar ós estudantes a ter unha boa base como predicadores.
Comeza a preparar o teu estudante en canto sexa nomeado predicador (km-S 8/15 páx. 1). Explícalle a importancia de que a predicación sexa parte da súa rutina semanal (Flp. 1:10). Sé positivo con respecto á zona que ten asignada para predicar a congregación (Flp. 4:8). Anímao a traballar co responsable do grupo e con outros predicadores para que poida aprender deles (Pr. 1:5; km-S 10/12 páx. 6 par. 3).
Despois de se bautizar, sigue animándoo e formándoo, especialmente se aínda non rematastes o libro Amor de Dios (km-S 12/13 páx. 7).
Cando esteas predicando cun novo predicador, fai presentacións sinxelas. Felicítao polas súas presentacións e dálle suxestións que lle axuden a ser máis eficaz (km-S 5/10 páx. 7).