A NOSA VIDA CRISTIÁ
¿Cómo sabes si es amor?
Xehová creou o matrimonio como unha unión permanente entre un home e unha muller (Xén. 2:22-24). O divorcio só sería aceptable en casos de inmoralidade sexual (Mal. 2:16; Mt. 19:9). Xehová quere que os matrimonios sexan felices. Por iso dános consellos que poden axudar ós cristiáns a escoller ben o cónxuxe e a ter un matrimonio feliz (Ecl. 5:3-5 [5:4-6, NM]).
DESPOIS DE VER O VÍDEO ¿CÓMO SABES SI ES AMOR?, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
Por que o consello que Frank e Bonnie lle deron á súa filla Laura foi acertado e cariñoso?
Por que non é realista pensar que poderás cambiar a persoa coa que estás saíndo?
Que bo consello lle deron Paul e Priscila a Laura?
Por que Daniel e Melisa tiveron problemas no seu matrimonio?
Que metas espirituais tiñan en común Alan e Laura?
Por que deberías coñecer “a personalidade escondida dentro, no corazón” antes de casar coa persoa? (1 Pe. 3:4)
Que é o amor verdadeiro? (1 Cor. 13:4-8)