A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como navegar por jw.org
POR QUE É IMPORTANTE. En tódalas ferramentas básicas de ensino aparece a páxina jw.org. De feito, o obxectivo principal das tarxetas de visita e da folliña Onde atopar respostas ás grandes preguntas? é dar a coñecer a nosa páxina web. Dende jw.org, podes enviar unha publicación ou un enlace a unha publicación de entre tódalas que forman parte das ferramentas básicas de ensino. Isto resulta moi útil cando lle predicamos a alguén que fala outro idioma. E se alguén nos fai unha pregunta que non se contesta en ningunha destas publicacións básicas? Se sabemos buscar a resposta en jw.org, a nosa predicación será máis eficaz.
COMO FAGO?
Usa a sección “ENSEÑANZAS BÍBLICAS”. Imaxina que lle estás predicando a un pai que che pide máis información sobre a crianza dos fillos. Podes ir a ENSEÑANZAS BÍBLICAS > EL MATRIMONIO Y LA FAMILIA.
Usa a sección “PUBLICACIÓNS”. Imaxina que estás falando das túas crenzas cun compañeiro de clase e queres darlle o folleto Respostas a 10 preguntas da xuventude. Vai a PUBLICACIÓNS > OUTRAS PUBLICACIÓNS.
Usa a sección “QUEN SOMOS”. Imaxina que lle estás predicando a un compañeiro de traballo que quere facerse unha idea xeral das nosas crenzas. Vai a QUEN SOMOS > PREGUNTAS FRECUENTES.
DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO NAVEGAR POR JW.ORG, PENSA EN ONDE ATOPARÍAS AXUDA NA NOSA PÁXINA WEB PARA:
un ateo
alguén que sufriu unha traxedia hai pouco
un irmán ou unha irmá inactivos
unha persoa que visitas regularmente e que se pregunta como financiamos a nosa obra
un estranxeiro que quere ir a unha reunión cando volva ó seu país