TESOUROS DA BIBLIA | XOÁN 7-8
Xesús glorificou a seu Pai
Xesús glorificaba a seu Pai con cada cousa que facía ou dicía porque quería que a xente soubese que a súa mensaxe proviña de Deus. Por iso baseaba as súas ensinanzas nas Escrituras e citaba delas moitas veces. Cando o louvaban por algo, Xesús quitábase importancia e dáballe todo o mérito a Xehová. Para el, o primeiro era facer a obra que Xehová lle encargara (Xn. 17:4).
Como podemos seguir o exemplo de Xesús...
cando damos unha clase da Biblia ou ensinamos na congregación?
cando alguén nos eloxia?
cando decidimos como usar o noso tempo?