BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb19 xaneiro páx. 7
  • “Paulo, ó velos, deu gracias a Deus e animouse”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Paulo, ó velos, deu gracias a Deus e animouse”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Información relacionada
  • Traballan duro por nós
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Como nos axudan os responsables de circuíto?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
mwb19 xaneiro páx. 7
Paulo dá grazas a Deus polos irmáns que foron encontrarse con el

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Paulo, ó velos, deu gracias a Deus e animouse”

Cando a congregación de Roma soubo que chegaba Paulo, unha delegación de irmáns viaxou 64 km para encontrarse con el. Que efecto tiveron en Paulo o amor e o espírito de sacrificio que demostraron estes irmáns? “Ó velos, deu gracias a Deus e animouse” (Feit. 28:15). Paulo era coñecido por animar as congregacións ás que visitaba, pero desta volta estaba preso, e foi el quen recibiu o ánimo (2 Cor. 13:10).

Na actualidade, os responsables de circuíto viaxan de congregación en congregación animando os irmáns. Pero ás veces eles tamén están cansos, preocupados ou desanimados. A próxima vez que el maila súa muller visiten a nosa congregación, que podemos facer “para nos animar mutuamente”, de xeito que eles tamén reciban ánimo? (Rm. 1:11, 12).

  • Un responsable de circuíto dirixe unha reunión para predicar

    Apoiemos as reunións para predicar. Ó responsable de circuíto anímao ver canto nos esforzamos por beneficiarnos ó máximo da semana que pasa coa congregación (1 Tes. 1:2, 3; 2:20). Quizais podemos servir como pioneiros temporais durante ese mes. Tamén podemos ofrecernos para predicar con el ou a súa muller, ou levalos con nós a dar un curso da Biblia. Eles desfrutan traballando con diferentes predicadores, mesmo cos que se consideran pouco hábiles, ou levan pouco predicando.

  • Unha familia recibe con hospitalidade o responsable de circuíto e a súa muller

    Sexamos hospitalarios. Poderiamos ofrecerlles aloxamento ou invitalos a comer? É unha mostra de cariño cara ó responsable de circuíto maila súa muller, e eles non esperan nada moi elaborado (Lc. 10:38-42).

  • Un responsable de circuíto dirixe unha reunión de anciáns

    Escoitemos a súa guía e consellos, e poñámolos en práctica. O responsable de circuíto axúdanos con cariño a ver en que aspectos do noso servizo a Xehová podemos mellorar. Porén, ás veces terá que corrixirnos (1 Cor. 5:1-5). Sen dúbida, agradecerá que sexamos obedientes e submisos (Heb. 13:17).

  • Os membros da congregación danlles as grazas ó responsable de circuíto e á súa muller

    Deámoslles as grazas. Digámoslles a el e á súa muller como nos axudou o que fixeron por nós. Podemos facelo en persoa, ou cunha notiña ou unha tarxeta (Col. 3:15).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir