TESOUROS DA BIBLIA | ROMANOS 4-6
“Deus demostróuno-lo seu amor”
O rescate é un agasallo de Xehová. É fundamental para limpar a súa reputación, demostrar que el ten o dereito a gobernar e que o seu goberno é o mellor. Ademais permítenos achegarnos a Xehová, e dálle a oportunidade de vivir para sempre a quen sexa obediente.
Como podemos demostrar que agradecemos o agasallo do rescate?
Ó dedicarnos e bautizarnos demostramos a nosa fe no rescate e que queremos pertencer a Xehová.
Ó predicar as boas novas do Reino de Deus seguimos o exemplo de Xehová, quen ama a todo tipo de persoas (Mt. 22:39; Xn. 3:16).
Que máis podo facer para demostrarlle a Xehová que lle agradezo o agasallo do rescate?