BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb19 febreiro páx. 8
  • Agardemos arelantes con aguante

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Agardemos arelantes con aguante
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Información relacionada
  • Xehová axúdanos nos momentos difíciles
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
mwb19 febreiro páx. 8

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Agardemos arelantes con aguante

Canto tempo levas agardando a que chegue o Reino de Deus? Segues agardando con paciencia e constancia malia as dificultades? (Rm. 8:25). Algúns cristiáns encaran odio, maltrato, cárcere ou mesmo ameazas de morte. Moitos sofren enfermidades crónicas ou son de idade.

Que nos axudará a agardar arelantes malia calquera dificultade? Temos que cultivar a nosa fe lendo e reflexionando na Biblia tódolos días. Debemos concentrarnos na nosa esperanza (2 Cor. 4:16-18; Heb. 12:2). Supliquémoslle a Xehová que nos dea forzas mediante o seu espírito santo (Lc. 11:10, 13; Heb. 5:7). O noso agarimoso Pai pode axudarnos a seguir “con ledicia pacientes e constantes a toda proba” (Col. 1:11).

DESPOIS DE VER O VÍDEO “CORRAMOS CON AGUANTE”. CONFIEMOS EN QUE LEVAREMOS PREMIO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Xaime e a súa muller predicando

    Que problemas inesperados poden xurdir na vida? (Ecl. 9:11)

  • Fran lelle un texto da Biblia a Xaime despois do seu derramo

    Como nos axuda a oración cando encaramos dificultades?

  • Xaime e Fran fan unha visita para animar unha parella

    Se non podemos facer tanto por Xehová coma antes, por que deberiamos concentrarnos no que aínda podemos facer?

  • Xaime imaxínase recuperado no Paraíso

    Mantén os ollos no premio

    Que che axuda a seguir confiando en que levarás premio?

Como podes axudar os que están encarando dificultades e mailas súas familias?

  • Fálalles con agarimo e evita as comparacións.

  • Aprende a escoitar.

  • Ora por eles e con eles.

  • Prepáralles algo de comer ou axúdalles nalgunha tarefa da casa.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir