BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb19 xuño páx. 7
  • Escolle ben as túas diversións

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Escolle ben as túas diversións
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Información relacionada
  • Escolle diversións que lle agraden a Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Escollamos ben o entretemento
    Continúa no amor de Deus
  • Escolles diversións boas para ti?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
mwb19 xuño páx. 7

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Escolle ben as túas diversións

Por que debemos escoller ben as nosas diversións? As películas, a música, as páxinas web, os libros ou os videoxogos cos que pasamos o tempo ocupan dalgún xeito os nosos pensamentos e inflúen na nosa maneira de actuar. Pero o certo é que moitas das diversións actuais non lle agradan a Xehová (Sal. 11:5; Gál. 5:19-21). Porén, a Biblia anímanos a estimar o que honra a Xehová (Flp. 4:8).

DESPOIS DE VER O VÍDEO ESCOLLE BEN AS TÚAS DIVERSIÓNS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Dous gladiadores loitando

    En que se parecen as antigas loitas de gladiadores a algunhas diversións actuais?

  • Un pioneiro predicando cun irmán máis novo

    Como podemos axudar ós máis novos da congregación a escoller ben as súas diversións?

  • Un soldado

    Como nos axuda Romanos 12:9 a escoller ben as nosas diversións?

  • Irmáns novos xogando ó fútbol

    Que diversións que agradan a Xehová podemos escoller?

COMO NOS DIVERTIMOS?

Moito do entretemento actual dános as cousas feitas no canto de animarnos a facelas nós. As películas, os libros e os programas de televisión divírtennos, pero polo que outros fan. Esta clase de entretemento pode ser boa, pero facer cousas por nós mesmos é máis positivo. Por exemplo, a moitos gústalles tocar un instrumento ou pintar, mentres que outros prefiren facer deporte ó aire libre ou ir de acampada. Sen importar as diversións que escollamos, debemos facelo sempre “para a gloria de Deus” (1 Cor. 10:31).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir