TESOUROS DA BIBLIA | TITO 1–FILEMÓN
Deixeite “para que nomeases responsables”
Paulo encargoulle a Tito nomear “responsables en cada vila”. Na actualidade, os responsables de circuíto seguen este exemplo nas congregacións.
O CONSELLO REITOR
O Consello Reitor segue o modelo do primeiro século e encárgalles ós responsables de circuíto a importante tarefa de nomear anciáns e servos ministeriais.
OS RESPONSABLES DE CIRCUÍTO
Cada responsable de circuíto debe orarlle a Xehová e pensalo moi ben á hora de avaliar os candidatos propostos polos anciáns. Despois nomeará aqueles que teñan as calidades precisas.
OS ANCIÁNS
Mesmo se xa son anciáns, os irmáns deben seguir amosando as calidades que se esperan deles.