BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb19 agosto páx. 8
  • Xehová non esquece o noso traballo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xehová non esquece o noso traballo
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Información relacionada
  • Que é Betel?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
mwb19 agosto páx. 8
Unha irmá traballando en cociña en Betel

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Xehová non esquece o noso traballo

Todos temos a oportunidade de facer moito por Xehová. A el non lle esquece o noso traballo e o amor que lle mostramos, pois é coma un pai que quere o seu fillo e valora o que fai ben (Mt. 6:20; Heb. 6:10). Claro está, todos temos circunstancias e habilidades diferentes. Pero se lle damos o mellor de nós a Xehová, teremos razón para estarmos satisfeitos (Gál. 6:4; Col. 3:23). Ó longo do tempo, moitos irmáns e irmás traballaron como voluntarios en Betel. E ti, poderías traballar en Betel? Se non che é posible, que podes facer para animar a outros a que vaian alí? Ou como podes axudar a algún familiar para que siga en Betel?

DESPOIS DE VER O VÍDEO PODES TRABALLAR EN BETEL?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que nos debe motivar a traballar en Betel?

  • Que efectos positivos tivo nalgúns irmáns estaren en Betel?

  • Que se espera de quen quere traballar en Betel?

  • Que tes que facer para poder ir a Betel?

Tres irmáns traballando xuntos en Betel cun ordenador, un irmán metendo publicacións en caixas, un irmán traballando de carpinteiro en Betel

Para traballar en Betel debes...

  • querer moito a Xehová e ter en alta estima a súa organización.

  • seguir as normas morais de Xehová e ter unha boa conciencia.

  • coidar que a túa vestimenta e aparencia te distingan como servo de Xehová.

  • escoller un tipo de ocio que estea de acordo co que Xehová espera de nós.

  • ter, polo xeral, entre 19 e 35 anos.

  • ter boa saúde física, mental e emocional.

  • ler, escribir e falar ben o idioma da sucursal.

  • estar disposto a quedar alí polo menos un ano.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir