TESOUROS DA BIBLIA | ÉXODO 15-16
Cantémoslle louvanzas a Xehová
15:1, 2, 11, 18, 20, 21
A música pode influír moito no que pensamos e no que sentimos. Cantar é unha parte importante da nosa adoración a Xehová.
Moisés e os israelitas cantáronlle louvanzas a Xehová despois de que os salvase milagrosamente no Mar Rubio.
O rei David escolleu catro mil homes para que fosen músicos e cantores no templo.
A noite antes de morrer, Xesús e os seus apóstolos fieis cantáronlle louvanzas a Xehová.
Que oportunidades teño de cantarlle louvanzas a Xehová?