A NOSA VIDA CRISTIÁ
Teñamos coidado con espallar contos
Hoxe en día, a información pode chegar a millóns de persoas moi rápido, xa sexa por páxina impresa, radio, televisión ou Internet. Aqueles que adoramos o Deus da verdade non queremos espallar información falsa, nin sequera por accidente (Éx. 23:1; Xn. 17:17). Cando lles dicimos a outros cousas que non son certas, podemos facer moito dano. Así que, para asegurarte de que algo é verdade, pregúntate:
Vén dunha fonte fiable? Poida que quen conte a historia non teña tódolos datos. Ademais, cando unha historia pasa duns a outros é inevitable que cambie. Por iso, debes ser precavido cando non saibas exactamente de que fonte provén a información. Os que teñen responsabilidades na congregación deben ter especial coidado para non transmitir información non contrastada, xa que os demais os ven como fontes respectables.
Difama a alguén? Se mancha a boa reputación dunha persoa ou dun grupo de persoas, o mellor é non repetir esa información (Pr. 18:8; Flp. 4:8).
É unha historia crible? Debes ter moito coidado cando escoites historias ou casos sensacionalistas.
DESPOIS DE VER O VÍDEO NON ANDES CON CONTOS!, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Segundo Proverbios 12:18, que dano podemos causar coas nosas palabras?
Como nos pode axudar Filipenses 2:4 a ser equilibrados cando falamos doutros?
Que deberiamos facer cando os comentarios sobre outros empezan a ser sarcásticos ou negativos?
Antes de comezar a falar doutros, que preguntas deberiamos facernos?