A NOSA VIDA CRISTIÁ
Sigamos empregando as folliñas
Dende 2013, contamos con oito coloridas folliñas que tratan temas diferentes. Todas estas folliñas son parte das ferramentas básicas de ensino, así que podemos empregalas na predicación. Mesmo podemos levar algúns exemplares cando imos de viaxe ou de compras. As folliñas non están pensadas para estudar a Biblia coa xente, pero poden facer que unha persoa queira aprender máis de Deus.
Despois de empezar a conversa, menciona o tema dunha das folliñas que lle poida interesar á persoa. Por exemplo, se ten nenos pequenos, lle morreu alguén ou está moi preocupada por algo, poderías dicir: “Teño comigo unha folliña que fai unha pregunta moi interesante e na que paga a pena pensar”. Despois poderías facerlle a pregunta que vén na portada da folliña. Se cres que a persoa ten interese, podes mostrarlle a resposta que dá a Biblia co texto que aparece na parte superior da segunda páxina. Se a persoa ten tempo, podes comentar con ela a información que contén o interior da folliña. Antes de marchar, dálle a folliña e anímaa a que a lea cando teña un momento. Aínda que deixar publicacións non é o noso obxectivo principal, as folliñas poden axudarnos a atopar aquelas persoas que estean dispostas a poñer en práctica o que aprenden (Feit. 13:48).
Que temas lles interesan ás persoas da zona onde predicas?