BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 xaneiro páx. 3
  • Pais, ensinádelles ós vosos fillos o que precisan saber

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Pais, ensinádelles ós vosos fillos o que precisan saber
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como educar ós vosos fillos?
    A túa familia pode ser feliz
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 xaneiro páx. 3
Nenos facendo un xesto de repulsa coa man nunha sesión práctica na que os seus pais lles ensinan a protexerse

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Pais, ensinádelles ós vosos fillos o que precisan saber

Vivimos nun mundo que intenta facernos pensar que o bo é malo e o malo é bo (Is 5:20). Tristemente, algunhas persoas fan cousas que Xehová odia, como ter unha conduta desapropiada con persoas do mesmo sexo. Compañeiros da escola ou outras persoas poden intentar facer presión para que os mozos cristiáns pensen coma eles. Como podes axudarlles ós teus fillos a facer fronte a estes e a outros desafíos semellantes?

Protexe os teus fillos ensinándolles as normas de Xehová (Lev 18:3). Pouco a pouco explícalles o que a Biblia di sobre o sexo. O que lles ensines debería depender da súa idade e do que poidan entender (Dt 6:7). Pregúntate: “Faleilles ós meus fillos sobre as mostras de afecto que son axeitadas, sobre vestir con modestia e sobre a importancia de que outros respecten a súa privacidade? Saberían que facer se alguén intenta que vexan pornografía ou lles pide que fagan algo que Xehová di que está mal?”. Falar con eles destes temas axudaralles a evitar moitos problemas (Pr 27:12; Ecl 7:12). Ó educar os teus fillos amosas canto estimas a valiosa herdanza que Xehová che deu (Sl 127:3).

DESPOIS DE VER O VÍDEO EDIFICA UNHA CASA QUE AGUANTE. PROTEXE OS TEUS FILLOS DO QUE É MALO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Unha escena do vídeo “Edifica unha casa que aguante. Protexe os teus fillos do que é malo”. Unha nai e mailo seu fillo vendo o vídeo “Como protexer os nenos”

    Por que algúns teñen reparos en ensinarlles ós seus fillos sobre sexo?

  • Unha escena do vídeo “Edifica unha casa que aguante. Protexe os teus fillos do que é malo”. Uns pais analizando cos seus dous fillos o libro “Aprendamos del Gran Maestro” e mais outra publicación

    Por que deben os pais educar os seus fillos “na disciplina e na doutrina do Señor”? (Ef 6:4).

  • Unha escena do vídeo “Edifica unha casa que aguante. Protexe os teus fillos do que é malo”. Uns pais de África lendo e comentando algúns textos da Biblia cos seus fillos

    O coñecemento é unha protección

    Que axudas lles deu a organización de Xehová ós pais para ensinarlles ós seus fillos sobre sexo? (w19.05-S páx. 12, recadro).

  • Por que deberías comunicarte cos teus fillos de xeito regular antes de que afronten problemas?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir