BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 maio páx. 13
  • Amosemos amor na familia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Amosemos amor na familia
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • Como ter unha familia feliz?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Como ter unha vida familiar feliz?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 maio páx. 13
Os membros dunha familia cantando xuntos nunha reunión

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Amosemos amor na familia

O amor é o pegamento que mantén a familia unida. Sen amor, é máis difícil conservar a unidade e cooperar uns cos outros. Como poden os homes, as mulleres e os pais amosar amor na familia?

O home que amosa amor terá en conta as necesidades, o punto de vista e os sentimentos da súa muller (Ef 5:28, 29). Ademais, encargarase de que a familia teña todo o que precise en sentido material e espiritual. Isto inclúe celebrar regularmente a adoración en familia (1Ti 5:8). A muller que amosa amor manterase en suxeición ó seu home e mostraralle profundo respecto (Ef 5:22, 33; 1Pe 3:1-6). Os cónxuxes deben estar dispostos a perdoarse (Ef 4:32). Os pais que amosan amor interésanse en cada fillo e ensínanlle a amar a Xehová (Dt 6:6, 7; Ef 6:4). Que desafíos afrontan na escola? Como encaran a presión de grupo? Se todos na familia se amosan amor, sentiranse seguros e protexidos.

DESPOIS DE VER O VÍDEO AMOSEMOS NA FAMILIA O AMOR QUE NUNCA FALLA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Unha escena do vídeo “Amosemos na familia o amor que nunca falla”. Ó volver para casa despois da reunión, un matrimonio fala sobre un texto da Biblia

    De que maneiras un bo home coida e valora a súa muller?

  • Unha escena do vídeo “Amosemos na familia o amor que nunca falla”. Ó volver para casa despois da reunión, unha irmá escoita con paciencia o seu marido que non é testemuña de Xehová e tranquilízao

    De que maneiras unha boa muller amosa profundo respecto polo seu home?

  • Unha escena do vídeo “Amosemos na familia o amor que nunca falla”. Os membros dunha familia pican algo mentres falan sobre ideas que lles gustaron da reunión

    De que maneiras inculcan os bos pais a Palabra de Deus nos seus fillos?

COIDADO COA TECNOLOXÍA

Facilmente os aparellos electrónicos poden quitarnos o tempo que deberiamos empregar para estar coa familia e estreitar os nosos lazos. Os pais poden poñer limites ó tempo que dedican tanto eles coma os seus fillos a usar estes aparellos. De feito, deben decidir se os fillos poderán usar Internet para comunicarse e con quen o farán.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir