BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 setembro páxs. 3-16
  • Usa na predicación as novas ferramentas: “Desfruta da vida para sempre!”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Usa na predicación as novas ferramentas: “Desfruta da vida para sempre!”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • Como dirixir clases da Biblia utilizando “Desfruta da vida para sempre!”
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Como usar o folleto Escoita a Deus e vivirás para sempre
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 setembro páxs. 3-16
Un matrimonio usa o folleto “Desfruta da vida para sempre!” para falar cun home que está na parada do bus

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Usa na predicación as novas ferramentas: Desfruta da vida para sempre!

Estamos moi emocionados por ter un novo folleto e un novo libro para dar clases da Biblia. Pedímoslle a Xehová que bendiga os nosos esforzos por facer moitos máis discípulos (Mt 28:18-20; 1Co 3:6-9). Como podemos usar estas novas ferramentas?

Como o libro Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo usa un novo método de ensino, debemos ter en conta as seguintes instrucións á hora de prepararnos e impartir cursos da Biblia:a

  • Lede a información e analizade as preguntas.

  • Lede os textos marcados con “le” e “lede” e axuda ó estudante a entender o que estes ensinan.

  • Vede os vídeos e analizádeos xuntos usando as preguntas que aparecen na publicación.

  • Intenta abarcar unha lección completa en cada sesión de estudo.

Na predicación, primeiro ofrece o folleto para determinar se a persoa está interesada en estudar a Biblia (ver o recadro “Como ofrecer o folleto Desfruta da vida para sempre! na primeira visita”). Se xa rematastes de estudar o folleto e a persoa desexa continuar co curso, ofrécelle o libro e empezade na lección 4. Se estás a estudar con alguén os libros Que nos ensina? ou Continúa, fai o cambio ó libro Desfruta da vida para sempre! e decide en que lección comezar.

O mesmo matrimonio usando o libro “Desfruta da vida para sempre!” para dar un curso da Biblia na casa do home

DESPOIS DE VER O VÍDEO BENVIDO Ó TEU CURSO DA BIBLIA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que aprenderán os estudantes co novo libro?

  • Por que deberiamos mostrar este vídeo ós novos estudantes?

  • Que obxectivos debes animar o estudante a alcanzar de forma progresiva? (Ver o recadro “Ideas principais e obxectivos de cada sección”).

a NOTA: Aínda que é opcional considerar a sección “Investiga” durante a clase, dedica tempo a ler cada artigo e ver cada vídeo cando te prepares. Así saberás que información lle pode axudar e interesar especialmente ó estudante. A publicación en formato dixital inclúe enlaces ós vídeos e á información adicional.

IDEAS PRINCIPAIS E OBXECTIVOS DE CADA SECCIÓN

 

LECCIÓNS

IDEAS PRINCIPAIS

OBXECTIVOS PARA O ESTUDANTE

1

1-12

Descubre como che pode axudar a Biblia e como podes chegar a coñecer o seu autor.

Anima o estudante a ler a Biblia, a prepararse para a clase e a asistir ás reunións.

2

13-33

Descubre o que fixo Deus por nós e o tipo de adoración que lle agrada.

Motiva o estudante a falarlles da verdade a outros e a chegar a ser publicador.

3

34-47

Analiza que espera Deus dos que o adoran.

Anima o estudante a dedicar a súa vida a Xehová e a bautizarse.

4

48-60

Aprende como manterte no amor de Deus.

Ensínalle ó estudante a distinguir o que está ben do que está mal e a achegarse máis a Deus.

COMO OFRECER O FOLLETO DESFRUTA DA VIDA PARA SEMPRE! NA PRIMEIRA VISITA

A parte de atrás do folleto parécese ás nosas folliñas. Nela faise unha pregunta moi interesante. Intenta o seguinte:

  • Fai a pregunta e permite que a persoa escolla a resposta.

  • Le a resposta que dá a Biblia en Salmo 37:29.

  • Analizade as ideas da sección “Que podería significar isto para ti?”. Se o tempo o permite, lede os textos bíblicos e comentade as imaxes.

  • Fai a pregunta “Podemos confiar no que di a Biblia?” e intenta comezar un curso da Biblia coa lección 1.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir