A NOSA VIDA CRISTIÁ
O amor todo o espera
O amor motívanos a esperar o mellor dos nosos irmáns (1Co 13:4, 7). Por exemplo, se un irmán comete un pecado e recibe corrección, esperamos que responda ben ós esforzos por axudarlle. Tamén somos pacientes cos que teñen unha fe débil e intentamos serlles de axuda (Rm 15:1). Se alguén deixa a congregación, non perdemos a esperanza de que volva algún día (Lc 15:17, 18).
DESPOIS DE VER O VÍDEO LEMBREMOS QUE O AMOR... TODO O ESPERA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que cambio fixo Abner?
Como responderon David e Ioab á petición de Abner?
Por que debemos esperar o mellor dos nosos irmáns?