BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb22 xullo páx. 13
  • Campaña especial para comezar cursos da Biblia no mes de setembro

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Campaña especial para comezar cursos da Biblia no mes de setembro
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Información relacionada
  • Campaña especial en setembro para anunciar o Reino de Deus!
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Como ensinar a Biblia co folleto Boas noticias
    O Ministerio do Reino (2015)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
mwb22 xullo páx. 13
Serie de imaxes: Unha familia predicando. É a mesma que aparece nas imaxes do artigo “Ponte metas para o próximo ano de servizo. Faite pioneiro”. 1. A irmá nova e súa nai utilizando o folleto Desfruta da vida para sempre! para predicarlle a unha muller na porta da súa casa. 2. A avoa usando o folleto Desfruta da vida para sempre! para facer un curso da Biblia por teléfono. 3. O pai e a nai están de pé ó lado do carriño. O carriño ten o cartel que ofrece cursos da Biblia gratuítos e contén o folleto Desfruta da vida para sempre!

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Campaña especial para comezar cursos da Biblia no mes de setembro

Durante o mes de setembro, faremos un esforzo especial para ofrecer cursos da Biblia a tódalas persoas usando o folleto Desfruta da vida para sempre! Teremos a opción de ser pioneiros auxiliares facendo 30 horas. Como realizaremos esta campaña especial?

  • Na primeira visita: Usa a cuberta posterior do folleto para crear curiosidade na persoa e intenta demostrar como é un curso da Biblia. Acórdate dos que demostraron interese no pasado, incluíndo as túas revisitas. Aínda que antes rechazasen un curso da Biblia, poida que agora lles pareza interesante o novo folleto ou o novo método. Non deixes o folleto nas casas onde non hai ninguén nin tampouco llo envíes a quen non demostrou interese. O Comité de Servizo da congregación poderá organizar máis reunións para predicar durante ese mes.

  • Outras ocasións: Se na túa congregación se predica con carriños, expoñerase o folleto Desfruta da vida para sempre! Explícalles ás persoas que, xunto co folleto, tamén poden recibir un curso da Biblia gratuíto. Durante a conversa, demostra brevemente en que consiste o curso ou queda coa persoa para demostrarllo noutro momento. Tamén poderías ofrecer cursos da Biblia ós teus compañeiros de traballo ou a persoas ás que lles prediques informalmente. O superintendente da predicación pode pedirlles a algúns publicadores hábiles que vaian ós negocios do territorio e ofrezan cursos da Biblia.

Xesús mandounos: “facede discípulos […] ensinándolles” (Mt 28:19, 20). Esta campaña especial pode axudarnos a cumprir este mandato usando o manual Desfruta da vida para sempre!

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir