BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb23 xullo páx. 3
  • “Defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Información relacionada
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Encontra sabedoría lendo a Biblia tódolos días
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Rexistro persoal
    Melloremos na lectura e no ensino
Ver máis
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
mwb23 xullo páx. 3
Serie de imaxes: 1. Gathie e Marie Barnett. 2. O irmán Kokkinakis e outros no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. 3. Testemuñas de Xehová no Tribunal Rexional de Rostov en Rusia. 4. Un grupo de irmáns diante do edificio do Tribunal Constitucional de Corea do Sur.

Kokkinakis contra Grecia: Droit réservé

Empezando desde arriba á esquerda, en sentido das agullas do reloxo: Xunta de Educación de Virxinia Occidental contra Barnette; Kokkinakis contra Grecia; Entidade relixiosa local de Taganrog e outros contra Rusia; Cha e outros contra Corea do Sur

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”

Cando os inimigos intentaron impedir que os israelitas reconstruísen o templo, os traballadores esforzáronse por establecer a base legal para seguir coa obra (Esd 5:11-16). De xeito parecido, os cristiáns hoxe en día facemos o necesario para defender e establecer legalmente as boas noticias (Flp 1:7, TNM). Para conseguilo, creouse o Departamento Legal na sede central en 1936. Hoxe en día, este departamento organiza a defensa dos intereses do Reino por todo o mundo. Que fai o Departamento Legal da Sede Central para axudar á obra do Reino e ó pobo de Deus?

DESPOIS DE VER O VÍDEO VISITA Ó DEPARTAMENTO LEGAL DA SEDE CENTRAL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • A que desafíos legais se enfrontaron as Testemuñas de Xehová?

  • Pon un exemplo das vitorias legais que conseguimos.

  • Como podemos cada un de nós seguir “defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”?

  • Na nosa páxina web en español están dispoñibles as novidades legais que afectan ás Testemuñas de Xehová e unha lista dos irmáns que meteron no cárcere pola súa fe. En que sección podemos encontrar esta información?

Se mentres estás participando nalgunha forma de predicación as autoridades che din que estás violando a lei, non intentes resolver o asunto pola túa conta insistindo no teu dereito legal para predicar. En vez diso, deberías obedecer educada e rapidamente. Se o que che pide que deixes de predicar é un policía, pídelle con moito respecto a súa identificación e pregúntalle, se é posible, a que comisaría pertence. Despois, informa canto antes os anciáns da congregación, e eles encargaranse de contactar coa sucursal para pedir instrucións.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir