BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp21 núm. 2 páxs. 7-9
  • Cando chegará o fin? O que dixo Xesús

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cando chegará o fin? O que dixo Xesús
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • PENSA NESTAS DÚAS FRASES QUE DIXO XESÚS SOBRE O FIN:
  • O SINAL
  • OS ÚLTIMOS DÍAS
  • A TERRA PRONTO SERÁ UN PARAÍSO
  • Estamos vivindo nos “días derradeiros”?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Estamos preto da fin do mundo?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Cal é o sinal dos últimos días ou dos “días derradeiros”?
    Preguntas sobre a Biblia
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
wp21 núm. 2 páxs. 7-9
Xesús explicándolles ós seus apóstolos o sinal dos últimos días.

Cando chegará o fin? O que dixo Xesús

Como vimos, cando a Biblia fala do fin do mundo non quere dicir que a Terra ou a humanidade vaian desaparecer. Máis ben, significa que o sistema corrupto no que vivimos e as persoas que o apoian deixarán de existir. Pero, fala a Biblia de cando acabará este sistema malvado?

PENSA NESTAS DÚAS FRASES QUE DIXO XESÚS SOBRE O FIN:

“Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora” (MATEO 25:13).

“Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento” (MARCOS 13:33).

Así que ninguén na Terra sabe exactamente cando virá o fin deste sistema. Pero Deus si que estableceu o momento exacto (Mateo 24:36). Significa isto que non hai forma de saber se está cerca? Para nada! Xesús díxolles ós seus discípulos que se fixasen nunha serie de sucesos que indicarían que quedaría moi pouco para o fin.

O SINAL

Esta serie de sucesos sería o sinal “da fin do mundo”. Xesús dixo: “Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá fame e terremotos en diversos lugares” (Mateo 24:3, 7). Tamén dixo que habería “pestes”, é dicir, epidemias (Lucas 21:11). Podes ver como se está cumprindo esta profecía de Xesús?

Moitas persoas sofren hoxe en día por culpa de guerras devastadoras, fames, terremotos e enfermidades. Por exemplo, no ano 2004, un gran terremoto no océano Índico provocou un tsunami que acabou coa vida dunhas 225.000 persoas. En tres anos, a pandemia da COVID-19 quitoulles a vida a máis de 6,9 millóns de persoas arredor do mundo. Xesús dixo que este tipo de acontecementos indicarían que o fin deste sistema estaba moi cerca.

OS ÚLTIMOS DÍAS

A Biblia di que xusto antes do fin habería un período de tempo ó que se lle chama os “derradeiros días”, ou últimos días (2 Pedro 3:3, 4). Como di 2 Timoteo 3:1-5 , nos últimos días os valores morais viríanse abaixo (mira o recadro “Xusto antes do fin do mundo”). Non che parece que hoxe en día as persoas son egoístas, violentas, aman os cartos e tratan mal os demais? Isto tamén é unha proba de que estamos vivindo moi cerca do fin do mundo.

Canto durarán os últimos días? A Biblia di que será pouco tempo. Entón, Deus acabará con tódolos “que destrúen o mundo” (Apocalipse 11:15-18; 12:12).

Guerras

Uns soldados nunha guerra, disparando detrás dunha barricada.
  • Do ano 2007 ó 2017, as mortes por conflitos armados e terrorismo aumentaron un 118%.

Enfermidades

Un home enfermo na cama dun hospital.
  • Algunhas das máis mortais son: enfermidades cardíacas, pulmonares e diarreicas, accidentes cerebrovasculares, enfermidades dos neonatos, cáncer e tuberculose.

Fame

Unha nena con fame agarrando un prato.
  • No ano 2021, o 9,8% da poboación mundial sufriu fame extrema e case un de cada tres nenos menores de 5 anos sufriu desnutrición e retraso no crecemento.

Predicación mundial

Testemuñas de Xehová falando cun home xunto a un carriño.
  • Máis de 8,6 millóns de testemuñas de Xehová predican e distribúen publicacións baseadas na Biblia en máis de 1000 idiomas en 240 países e territorios.

A TERRA PRONTO SERÁ UN PARAÍSO

Deus xa estableceu o día e a hora na que acabará con este sistema cruel (Mateo 24:36). Pero, aínda hai máis: Deus “non quere que ninguén pereza” (2 Pedro 3:9). Estanos dando a todos a oportunidade de que o coñezamos e de que o obedezamos. Por que? Porque el quere que poidamos sobrevivir ó fin deste sistema e que vivamos no novo mundo que traerá, no que a Terra será un paraíso.

Deus preparou un programa mundial de ensinanza bíblica para asegurarse de que todos poidamos aprender o que hai que facer para vivir nese novo mundo gobernado polo seu Reino. Xesús dixo que as boas noticias do Reino de Deus se predicarían “en todas partes” (Mateo 24:14). Por toda a Terra, as testemuñas de Xehová dedican miles de millóns de horas a predicar e ensinar a mensaxe de esperanza que dá a Biblia. Xesús dixo que esta campaña de predicación se faría a nivel mundial antes de que viñese o fin.

En resumo, os gobernos humanos teñen os días contados. Pero, a boa noticia é que podemos sobrevivir ó fin deste mundo e desfrutar do Paraíso que Deus prometeu. O seguinte artigo explicará que debemos facer para vivir alí.

XUSTO ANTES DO FIN DO MUNDO

“Nos días derradeiros haberá intres difíciles. A xente volverase egoísta, avariciosa, fachendosa, presumida, maldicente, mal guiada cos seus pais, sen caridade, impía, desamorada, falsa, calumniadora, altaneira, ríspida, inimiga do bo, traicioneira, temeraria, foncha, máis amante do pracer ca de Deus; terá aparencia de piedade, pero arrenegará da verdadeira forza da mesma.” (2 TIMOTEO 3:1-5)

A profecía de Xesús sobre os últimos días dános esperanza.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir