BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w22 outubro páxs. 18-23
  • A verdadeira sabedoría alza a súa voz

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A verdadeira sabedoría alza a súa voz
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COÑECER A XEHOVÁ DÁNOS SABEDORÍA
  • POR QUE A XENTE RECHAZA A SABEDORÍA VERDADEIRA?
  • A SABEDORÍA VERDADEIRA BENEFÍCIANOS
  • Como nos beneficia temer a Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
w22 outubro páxs. 18-23

ARTIGO DE ESTUDO 43

A verdadeira sabedoría alza a súa voz

“A Sabedoría bota o pregón pola rúa, alza a súa voz polas rúas” (PR. 1:20).

CANCIÓN sn 69 Ensíname os teus camiños

AVANCEa

1. Como reaccionan moitos á sabedoría da Biblia hoxe en día? (Proverbios 1:20, 21).

EN MOITOS países era normal ver os nosos irmáns sorrindo e ofrecendo publicacións nas rúas polas que pasa moita xente. Participaches algunha vez neste interesante método de predicación? Se o fixeches, seguro que che veu á mente unha imaxe do libro de Proverbios na que a sabedoría está gritando ou alzando a súa voz nas rúas para que as persoas escoiten o seu consello (le Proverbios 1:20, 21). A Biblia e as nosas publicacións conteñen a verdadeira “Sabedoría”, a que vén de Xehová. Esta é a información que as persoas necesitan para dar o primeiro paso cara ó camiño da vida. Por iso nos fai tan felices ver que unha persoa acepta unha das nosas publicacións. Pero non todos o fan. A algúns non lles interesa coñecer o que di a Biblia e outros rinse de nós. Pensan que está anticuada e que xa non é útil. E hai quen critica as normas morais da Biblia e pensa que os que as seguen son demasiado estritos e que se cren mellores que os demais. Aínda así, Xehová é un Deus tan cariñoso que segue poñendo a súa sabedoría ó alcance de todos. Como o fai?

2. a) Onde podemos atopar sabedoría verdadeira hoxe en día? b) Que decide facer a maioría da xente?

2 Como fai Xehová que outros escoiten a sabedoría verdadeira? Unha maneira é a través da súa Palabra, a Biblia. Este libro está ó alcance de case tódalas persoas. E que pasa coas nosas publicacións baseadas na Biblia? Grazas á bendición de Xehová, están dispoñibles en máis de 1000 idiomas. Tódolos que escoiten a sabedoría, é dicir, tódolos que lean e apliquen o que aprendan, beneficiaranse moito. Pero a maioría das persoas decide non escoitar a sabedoría de Xehová. Así que cando teñen que tomar decisións, prefiren confiar en si mesmos ou escoitar os consellos doutras persoas. É posible que incluso se crean superiores a nós porque escollemos guiarnos polo que di a Biblia. Neste artigo veremos por que reaccionan así. Pero, primeiro, vexamos como podemos conseguir a sabedoría de Xehová.

COÑECER A XEHOVÁ DÁNOS SABEDORÍA

3. Que implica a sabedoría verdadeira?

3 A palabra sabedoría pode referirse á habilidade de usar o que sabemos para tomar boas decisións. Pero a sabedoría verdadeira implica algo máis. A Biblia di: “O comezo da Sabedoría é o Temor do Señor, e o coñecemento do Santo é intelixencia” (Pr. 9:10). Polo tanto, cando temos que tomar unha decisión importante, debemos buscar “o coñecemento do Santo”, é dicir, descubrir que pensa Xehová sobre o tema. Para conseguilo, temos que estudar a Biblia e as publicacións baseadas nela. Cando facemos isto, demostramos verdadeira sabedoría (Pr. 2:5-7).

4. Por que Xehová é o único que pode darnos sabedoría verdadeira?

4 Xehová é o único que pode darnos sabedoría verdadeira (Rm. 16:27). Por que podemos dicir que é a Fonte da sabedoría? En primeiro lugar, porque é o Creador e sabe absolutamente todo sobre a súa creación (Sal. 104:24). En segundo lugar, porque todo o que fai demostra que é sabio (Rm. 11:33). E terceiro, porque os seus sabios consellos sempre benefician a quen os pon en práctica (Pr. 2:10-12). Se queremos ser realmente sabios, debemos aceptar estas tres verdades básicas e deixar que guíen as nosas decisións e accións.

5. Que pasa cando as persoas se negan a recoñecer que Xehová é a Fonte da sabedoría verdadeira?

5 Moitas das persoas que atopamos na predicación admiten que a natureza está deseñada dunha maneira incrible, pero din que non existe un Creador e que todo se debe á evolución. Outros afirman crer en Deus, pero din que as normas da Biblia están anticuadas, así que deciden seguir as súas propias normas. Cal é o resultado? Fan as persoas que o mundo vaia a mellor ó confiar na súa propia sabedoría en vez de na de Deus? Son felices de verdade? Teñen unha esperanza para o futuro na que se poida confiar? O que vemos ó noso arredor convéncenos de que “contra Xehová non hai sabedoría nin discernimento nin consello que sirva” (Pr. 21:30, TNM). Isto motívanos a non deixar de pedirlle a Xehová que nos dea a súa sabedoría. Tristemente, a maioría das persoas non o fan. Por que?

POR QUE A XENTE RECHAZA A SABEDORÍA VERDADEIRA?

6. Segundo Proverbios 1:22-25, que persoas rechazan a sabedoría verdadeira?

6 Moitas persoas non escoitan cando a sabedoría verdadeira “alza a súa voz polas rúas”. A Biblia di que hai tres grupos de persoas que rechazan a sabedoría: os “inxenuos”, “os burlentos” e “os parvos” (le Proverbios 1:22-25). Agora analizaremos máis a fondo estes tres grupos. Veremos por que rechazan a sabedoría de Deus e tamén como podemos evitar ser coma eles.

7. Por que deciden algúns seguir sendo “inxenuos”?

7 Os “inxenuos” son persoas fáciles de convencer e de enganar (Pr. 14:15). Moitas veces atopamos xente así na predicación. Por exemplo, pensa nos millóns de persoas que están sendo enganadas por líderes relixiosos e políticos. Algunhas delas indígnanse cando se dan conta de que lles mentiron. Pero Proverbios 1:22 fala dos que deciden seguir sendo inxenuos porque lles gusta vivir así (Xer. 5:31). Son persoas que desfrutan de facer o que queren e non desexan aprender o que di a Biblia nin obedecer as súas normas. Moitos séntense como unha muller moi relixiosa do Quebec (O Canadá), que lle dixo a unha testemuña de Xehová que a visitou: “Se o noso sacerdote nos enganou, será erro seu, non noso!”. Está claro que non queremos ser como estas persoas que prefiren ser inxenuas (Pr. 1:32; 27:12).

8. Que nos axudará a chegar a ser sabios?

8 Con razón, a Biblia aconséllanos que deixemos de ser inxenuos cando di: “Chegade a ser adultos no voso entendemento” (1 Cor. 14:20, TNM). Conseguimos deixar de ser inxenuos e chegamos a ser sabios se aplicamos os principios da Biblia na nosa vida. Pouco a pouco, comprobaremos como nos axudan estes principios a evitar problemas e a tomar decisións sabias. De feito, é bo que pensemos nas decisións que fomos tomando na vida. Se levamos un tempo estudando a Biblia e indo ás reunións, podemos preguntarnos por que aínda non demos os pasos necesarios para dedicarnos a Xehová e bautizarnos. E se xa estamos bautizados, podemos facernos as seguintes preguntas: “Estou mellorando a miña forma de predicar e ensinar as boas noticias? Demostran as miñas decisións que me guío polos principios bíblicos? Trato a outros como os trataría Xesús?”. Se vemos que temos que facer algún cambio, deberiamos meditar nos consellos de Xehová, pois el “fai sabio ó inxenuo” (Sal. 19:8 [19:7, TNM]).

9. Como rechazan “os burlentos” a sabedoría?

9 O segundo grupo que pasa por alto a sabedoría de Deus son “os burlentos”. Ás veces falamos con persoas así na predicación. Encántalles burlarse doutros (Sal. 123:4). A Biblia advirte que nos últimos días habería moitas persoas así (2 Pe. 3:3, 4). Igual que os xenros do xusto Lot, hoxe en día algunhas persoas tampouco fan caso das advertencias de Deus (Xén. 19:14). Moitas delas rinse dos que obedecen os principios da Biblia. Estes burlóns van “seguindo as súas cobizas”, é dicir, van detrás dos seus propios desexos (Xds. 7, 17, 18). A descrición que fai a Biblia destes burlóns encaixa coa actitude dos apóstatas e doutras persoas que rechazaron a Xehová.

10. Segundo Salmo 1:1, como podemos asegurarnos de que non somos coma os burlóns?

10 Como podemos asegurarnos de que non somos coma os burlóns? Unha maneira de facelo é evitando xuntarnos cos que son así (le Salmo 1:1). Isto inclúe non escoitar nin ler nada que veña dos apóstatas. Se non temos coidado, é moi fácil que imitemos o seu espírito crítico, e que empecemos a dubidar de Xehová e da guía que nos dá a través da súa organización. Para evitalo, deberiamos preguntarnos: “Como reacciono cando recibimos novas instrucións ou explicacións? Teño o costume de dicir cousas negativas? Tendo a atopar faltas nos irmáns que nos dirixen?”. Se actuamos rápido para corrixir estas tendencias, agradaremos a Xehová (Pr. 3:34, 35).

11. Como ven “os parvos” as normas morais de Xehová?

11 O terceiro grupo de persoas que rechazan a sabedoría son “os parvos”. Chámaselles así porque se negan a vivir de acordo coas normas morais de Deus. Máis ben, prefiren vivir segundo o seu propio punto de vista (Pr. 12:15). Rechazan a Xehová, a Fonte da sabedoría (Sal. 53:2 [53:1, TNM]). Cando nos encontramos con eles na predicación, moitas veces critícannos por respectar as normas da Biblia. Pero o certo é que non teñen nada mellor que ofrecernos. A Biblia di: “A Sabedoría queda lonxe do parvo: o tal non abrirá a boca na asemblea da porta” (Pr. 24:7). “Os parvos” non poden darnos ningún bo consello. Por iso, Xehová advírtenos: “Mantente lonxe do home parvo” (Pr. 14:7, TNM).

12. Que nos axudará a non ser coma os parvos?

12 Nós non somos coma os que odian os consellos de Deus. En vez diso, esforzámonos por amar a forma de pensar de Deus e as súas normas morais. Podemos facer que ese amor medre se comparamos os resultados de ser obedientes cos de ser desobedientes. Pensa por un momento en cantos problemas acaban tendo os que rechazan a sabedoría de Xehová. E agora párate a pensar en como é a túa vida por obedecer a Deus. Verdade que é moito mellor? (Sal. 32:8, 10).

13. Obríganos Xehová a obedecer os seus sabios consellos?

13 Xehová fai que a súa sabedoría estea dispoñible para todos, pero non obriga a ninguén a aceptala. Ademais, dinos o que lles pasa ás persoas cando non escoitan a súa sabedoría (Pr. 1:29-32). Os que deciden non obedecer a Xehová “xantarán do froito do seu proceder”, é dicir, terán que cargar coas consecuencias da súa conduta. Co tempo, o seu estilo de vida causaralles sufrimento, problemas e, ó final, Xehová destruiraos. Pola contra, ós que escoiten os sabios consellos de Xehová e os apliquen na súa vida, el promételles: “Quen me escoita morará ben seguro, tranquilo, sen temor do mal” (Pr. 1:33).

A SABEDORÍA VERDADEIRA BENEFÍCIANOS

Un irmán comentado nunha reunión de congregación.

Participar nas reunións fortalécenos espiritualmente (ver o parágrafo 15).

14, 15. Que aprendemos de Proverbios 4:23?

14 Aplicar a sabedoría de Deus sempre é bo para nós. Como vimos, Xehová pon á disposición de tódalas persoas a súa sabedoría. Por exemplo, no libro de Proverbios, dános consellos moi prácticos que sempre melloran a nosa vida cando os aplicamos. Vexamos tan só catro exemplos destes consellos tan sabios.

15 Protexe o teu corazón figurado. A Biblia di: “Por riba de todo garda o corazón pois del burbullan os mananciais da vida” (Pr. 4:23). Pensa no que necesitamos facer para protexer o noso corazón literal. Temos que comer de forma saudable, facer suficiente exercicio e evitar os malos hábitos. Pois para protexer o noso corazón figurado temos que facer algo parecido. Debemos “alimentarnos” tódolos días coa Palabra de Deus, estudar o que se vai analizar nas reunións, e asistir e participar nelas. Ademais, debemos “facer exercicio”, é dicir, esforzarnos por predicar de maneira regular. E, por último, evitamos os “malos hábitos” rechazando calquera cousa que poida influír negativamente na nosa forma de pensar, como o entretemento inmoral e as malas compañías.

Unha familia satisfeita co que ten, diante da súa humilde casa. A nai ten unha pota ó lume e está facendo algo de comer. Ó lado, o pai está usando o libro “Aprendamos das historias da Biblia” para estudar cos seus dous fillos.

Ter un punto de vista equilibrado dos cartos axúdanos a estar satisfeitos co que temos (ver o parágrafo 16).

16. Por que é tan útil o consello de Proverbios 23:4, 5?

16 Sé feliz co que tes. A Biblia aconséllanos: “Non te esgotes en facer fortuna [...]; apartas dela os ollos, e esmorece”. E despois di: “Pois pode botar ás e coma a aguia fuxir voando cara ó ceo” (Pr. 23:4, 5). Os cartos e os bens materiais son algo que se pode perder con moita facilidade. Aínda así, tanto ricos coma pobres están obsesionados con ter máis cartos. E moitas veces esta preocupación provoca que fagan cousas que danan a súa reputación, as súas relacións con outros e incluso a súa saúde (Pr. 28:20; 1 Tim. 6:9, 10). Pero a sabedoría axúdanos a ter un punto de vista equilibrado do diñeiro. Isto protéxenos da avaricia, e axúdanos a ser felices e a estar satisfeitos co que temos (Ecl. 7:12, TNM).

Unha irmá estalles contando chismes a outras irmás da congregación. Dúas delas escoitan con atención mentres que outra reflexiona no que está escoitando.

Pensar antes de falar axúdanos a non facerlles dano a outros coas nosas palabras (ver o parágrafo 17).

17. Como podemos chegar a ter “a fala dos sabios” que se menciona en Proverbios 12:18?

17 Pensa antes de falar. Se non tes coidado, podes facer moito dano coas túas palabras. A Biblia di: “Persoas hai que falan a estocadas, a fala dos sabios é medicina” (Pr. 12:18). Para manter a paz, temos que evitar andar falando dos defectos doutras persoas (Pr. 20:19). Se queremos que as nosas palabras animen os demais en vez de facerlles dano, debemos ler a Palabra de Deus e meditar nela regularmente (Lc. 6:45). Cando meditamos no que di a Biblia, as nosas palabras chegan a ser como unha “fonte de Sabedoría” que anima a outros (Pr. 18:4).

Unha irmá tomando notas mentres ve un vídeo das conversas de mostra da reunión de entre semana. Ó lado ten algúns tratados e o teléfono coa aplicación JW Library aberta.

Seguir as instrucións que nos dá a organización axúdanos a predicar e a ensinar mellor (ver o parágrafo 18).

18. Como nos axuda Proverbios 24:6 (TNM) a predicar e a ensinar mellor?

18 Sigue as instrucións da organización. A Biblia dános este consello moi útil: “Farás a túa guerra con guía sabia; con moitos conselleiros lógrase a vitoria” (Pr. 24:6, TNM, nota). Como nos axuda aplicar este versículo a predicar e a ensinar mellor as boas noticias? En vez de facelo como a nós nos parece, debemos esforzarnos por seguir as suxestións que se nos dan. Por exemplo, nas reunións podemos aprender moito do ben que ensinan da Biblia os irmáns con experiencia. Ademais, a organización de Xehová dános ferramentas moi eficaces, como publicacións e vídeos, que lles axudan ás persoas a entender a Biblia. Estás aprendendo a usar ben estas ferramentas tan útiles?

19. Como te sentes ó ver cantos sabios consellos nos dá Xehová? (Proverbios 3:13-18).

19 Le Proverbios 3:13-18. Verdade que agradecemos moito os bos consellos que atopamos na Palabra de Deus? Que fariamos se non os tivésemos? Neste artigo, repasamos algúns exemplos da sabedoría que atopamos no libro de Proverbios. Por suposto, toda a Biblia está chea dos sabios consellos de Xehová. Así que decidámonos a aplicalos en todo ámbito da nosa vida. Non importa que a maioría das persoas non valoren a sabedoría de Deus. Estamos convencidos de que “os que a reteñen son felices”.

QUE RESPONDERÍAS?

  • Como podemos ser sabios de verdade?

  • Por que moitas persoas non escoitan a sabedoría de Deus, e cales son os resultados?

  • Que consello do libro de Proverbios che resulta especialmente útil?

CANCIÓN sn 52 “Garda o corazón”

a A sabedoría que nos dá Xehová é moito mellor que calquera outra cousa que poida ofrecernos este mundo. Neste artigo imos analizar unha descrición da sabedoría moi interesante que se fai no libro de Proverbios. Alí dise que alza a súa voz polas rúas. Imos ver como podemos chegar a ser persoas sabias, por que algúns non queren escoitar a sabedoría de Xehová e como nos beneficiará escoitala.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir