Idea para estudar
Busca xoias espirituais sobre Xehová
Cando lemos a Biblia podemos usar varias ferramentas de estudo para investigar máis sobre o que lemos. Pero, non queremos estudar só co obxectivo de aumentar o noso coñecemento sobre a Biblia. O que realmente desexamos é atopar xoias espirituais sobre a personalidade de Xehová que fagan que o amemos aínda máis. Para iso, podemos preguntarnos: “Que me ensina este relato da Biblia sobre Xehová?”.
Por exemplo, podemos investigar como demostrou Xehová as súas calidades principais: o amor, a xustiza, a sabedoría e o poder. De todas formas, non son as únicas. Xehová ten moitas outras calidades fermosas das que tamén podemos aprender. Onde poderías encontrar máis información sobre isto?
Busca a lista de máis de 50 calidades que se atopa no Índice de las publicaciones Watch Tower (dispoñible en español), baixo o tema “Jehová” e o subtítulo “Cualidades por nombre”. Intenta encontrar as que se axusten máis ó relato bíblico que estás lendo. (Se só tes acceso á Guía de estudio para los testigos de Jehová en español, podes mirar baixo o tema “Jehová” e despois o subtítulo “Cualidades de Jehová”).