BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp24 núm. 1 páx. 3
  • Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
  • Información relacionada
  • Tomemos decisións que honren a Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Como podemos tomar boas decisións?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Introdución
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
  • Como facer o correcto? En que se basea a maioría da xente para tomar decisións?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
wp24 núm. 1 páx. 3
Unha gardamontes axudándolle ó home novo da imaxe anterior. Ela usa un mapa para mostrarlle que ruta ten que coller para chegar ó seu destino, a cima da montaña.

Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos

Se quixeses viaxar a algún lugar ó que nunca fuches, que farías?

  1. 1. Tomar o camiño que cres que te vai levar ó sitio.

  2. 2. Seguir a outros, esperando que saiban como chegar.

  3. 3. Consultar unha guía fiable, como un GPS, un mapa ou un amigo de confianza que coñeza o camiño.

Se escollemos a primeira ou a segunda opción chegaremos a algún sitio, pero quizais non precisamente a onde queriamos ir. Pola contra, se escollemos a terceira, podemos estar seguros de que chegaremos ó noso destino.

A nosa vida é coma unha viaxe, e esperamos que nos leve a un futuro feliz. Pero que cheguemos ou non ó noso destino vai depender en gran parte de onde busquemos consellos ou guía cando teñamos que tomar decisións.

Aínda que a maioría das decisións que tomamos non teñen un grande efecto a longo prazo na nosa vida, hai outras que si. Estas últimas revelan os nosos valores morais, é dicir, a nosa visión do que está ben e do que está mal. O que fagamos nestes casos afectaranos a nós e ós nosos seres queridos durante moito tempo, xa sexa para ben ou para mal. Estas decisións implican cuestións como:

  • O sexo e o matrimonio

  • A honestidade, o traballo e os cartos

  • A educación dos fillos

  • A forma de tratar a outros

Como podes saber se as túas decisións sobre estes asuntos farán que teñades un futuro feliz, tanto ti como a túa familia?

A pregunta á que todos nos enfrontamos é: “Que guía moral podo usar para tomar boas decisións sobre o que está ben e o que está mal?”.

Nesta revista explícase por que podemos confiar na Biblia como guía moral e como nos pode axudar.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir