BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 xuño páx. 32
  • E ti, tes fe?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • E ti, tes fe?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Información relacionada
  • Demostra que tes fe nas promesas de Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2016)
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 xuño páx. 32

IDEA BÍBLICA

E ti, tes fe?

Para agradarlle a Xehová temos que ter fe. Aínda así, a Biblia di que “a fe non a teñen todos” (2 Tes. 3:2). Cando o apóstolo Paulo mencionou estas palabras estábase referindo ós que o perseguían, que eran “xente descamiñada e perversa”. Pero o que dixo sobre a fe tamén lles aplica a outras persoas. Algunha xente non quere aceptar o feito de que exista un Creador (Rom. 1:20). Outros quizais afirmen crer nalgún tipo de ser ou poder superior. Pero esta crenza non é a fe que Deus espera que teñamos.

Temos que estar convencidos de que Xehová existe e de que recompensa os que teñen verdadeira fe nel (Heb. 11:6). A fe é unha cualidade do froito do espírito santo. Unha forma de recibir este espírito é pedíndollo a Xehová en oración (Luc. 11:9, 10, 13). Outra maneira importante é lendo a Biblia, porque foi escrita coa axuda do espírito santo. Ademais debemos pensar no que lemos nela e tratar de aplicalo. Facendo todo isto permitimos que o espírito de Xehová inflúa na nosa vida. Isto axudaranos a ter a fe que el espera de nós.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir