BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 outubro páxs. 24-29
  • Como resolver as dúbidas

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como resolver as dúbidas
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • COMO RESOLVER AS DÚBIDAS
  • CANDO DUBIDAS DE SE XEHOVÁ SE PREOCUPA POR TI
  • CANDO DUBIDAS DE SE AS TÚAS DECISIÓNS FORON AS MELLORES
  • CANDO DUBIDAS DE SE ES ÚTIL PARA XEHOVÁ
  • Demostra que confías en Xehová cando tomes decisións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Recorda que Xehová é o “Deus vivo”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Sexamos humildes e aceptemos que hai cousas que non sabemos
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Xehová cura “os corazóns quebrados”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 outubro páxs. 24-29

ARTIGO DE ESTUDO 43

CANCIÓN sjj 90 Animémonos uns ós outros

Como resolver as dúbidas

“Examinádeo todo” (1 TES. 5:21).

OBXECTIVO

Aprender como resolver as dúbidas que lle poderían afectar ó noso servizo a Xehová.

1, 2. a) Que se preguntan algúns servos de Xehová? b) Que veremos neste artigo?

SEN importar a nosa idade, todos podemos ter dúbidas ás veces.a Por exemplo, pensa nun rapaz que se pregunta se Xehová realmente se preocupa por el. Por iso, non está moi seguro de se debería bautizarse. Agora imaxina un irmán que, cando era novo, decidiu poñer o servizo a Xehová en primeiro lugar na súa vida en vez de intentar conseguir moitos cartos. Cando xa é maior e só ten o diñeiro xusto para cubrir as necesidades da súa familia, dubida de se tomou a mellor decisión. E, por último, ponte na situación dunha irmá maior que ten as forzas limitadas e se sente desanimada porque xa non pode facer tanto coma antes. Pode ser que algunha vez te fixeses preguntas como: “Fíxase Xehová realmente en min? Valen a pena os sacrificios que fixen por el? Sígolle sendo útil?”.

2 Deixar sen responder estas preguntas podería provocar que perdamos a fe en Xehová e incluso que deixemos de servilo. Neste artigo imos ver como centrarnos nos principios da Biblia pode axudarnos se dubidamos de 1) se Xehová se preocupa por nós, 2) se as nosas decisións foron as mellores ou 3) de se seguimos séndolle útiles.

COMO RESOLVER AS DÚBIDAS

3. Que podemos facer cando temos preguntas que nos preocupan?

3 Cando teñamos preguntas é importante que busquemos as respostas na Biblia. Se o facemos, a nosa confianza en Xehová e a nosa amizade con el faranse máis fortes e estaremos mellor preparados para manternos firmes na fe (1 Cor. 16:13).

4. Como podemos “examinalo todo”? (1 Tesalonicenses 5:21).

4 Le 1 Tesalonicenses 5:21. É interesante que a Biblia nos anime a “examinalo todo”. Como podemos facer isto? Asegurándonos de que o que cremos é verdade comparándoo co que di a Biblia. Por exemplo, pensa no rapaz que non está seguro de se Xehová se interesa por el. Debería deixar sen responder esta pregunta? Non. Máis ben tería que “examinalo todo” estudando na Biblia o que Deus pensa realmente sobre el.

5. Como “escoitamos” as respostas de Xehová?

5 Ó ler a Biblia “escoitamos” a Xehová falándonos. Pero temos que facer algo máis que ler se queremos encontrar a súa resposta ás nosas preguntas. Debemos centrar a nosa lectura bíblica no asunto que nos preocupa. Para iso, podemos investigar nas publicacións que nos dá a organización de Xehová (Prov. 2:3-6). Necesitamos orarlle a Xehová para que nos guíe na nosa investigación e nos axude a descubrir o que el pensa. Despois fariamos ben en buscar principios da Biblia e información práctica que aplique na nosa situación. Tamén nos axudará analizar relatos bíblicos de personaxes que pasaron por algo parecido.

6. Como poden axudarnos as reunións a contestar as nosas preguntas?

6 Tamén “escoitamos” a Xehová nas reunións de congregación. Se asistimos regularmente a elas, poderiamos escoitar un discurso ou un comentario que sexa xusto o que necesitamos para resolver as nosas dúbidas (Prov. 27:17). Analicemos agora como resolver algunhas dúbidas concretas.

CANDO DUBIDAS DE SE XEHOVÁ SE PREOCUPA POR TI

7. Que pregunta se poderían facer algúns?

7 Preguntácheste algunha vez se Xehová se fixa en ti? Se te sentes insignificante, a idea de chegar a ser amigo do Creador do Universo pode parecerche pouco realista ou imposible. Quizais o rei David pensaba algo similar. A el impresionáballe tanto que Xehová se fixase nos humanos que preguntou: “¿Que é, Señor, o home, para que ti te ocupes del, o fillo do home, para que ti lle fagas caso?” (Sal. 144:3). Onde podes encontrar ti a resposta a esta pregunta?

8. Segundo 1 Samuel 16:6, 7, 10-12, en que se fixa Xehová das persoas?

8 Polo que lemos na Biblia, sabemos que Xehová se fixa nos que, para outros, parecen pouquiña cousa. Por exemplo, enviou a Samuel á casa de Ixaí para unxir un dos seus fillos como futuro rei de Israel. Entón Ixaí mandou chamar a tódolos seus fillos menos a David, o máis novo, para que se reunisen con Samuel.b Aínda así, foi a David a quen Xehová escolleu (le 1 Samuel 16:6, 7, 10-12). Deus viu o que tiña realmente no seu interior e sabía que era un rapaz que o quería moito.

9. Por que podes estar seguro de que Xehová se preocupa por ti? (Ver tamén a imaxe).

9 Medita en como Xehová xa che demostrou que se fixa en ti. El dáche os mellores consellos para cada situación (Sal. 32:8). Como podería facer isto se non te coñecese ben? (Sal. 139:1) Cando aplicas os seus consellos e ves como che axudan, chegas a estar convencido de que se preocupa por ti (1 Crón. 28:9; Feit. 17:26, 27). Xehová sabe moi ben tódolos esforzos que fas por servilo, ve as túas boas cualidades e quere ser o teu amigo (Xer. 17:10). A el faríao moi feliz que ti tamén quixeses ser o seu amigo (1 Xoán 4:19).

Unha irmá xove facendo o seu estudo persoal. Ten a Biblia aberta e está mirando un vídeo do taboleiro animado na tableta.

“Se ti o buscas [a Xehová], el deixará que o encontres” (1 Crón. 28:9, TNM) (ver o parágrafo 9).c


CANDO DUBIDAS DE SE AS TÚAS DECISIÓNS FORON AS MELLORES

10. Que poderiamos preguntarnos cando pensamos nas decisións que tomamos no pasado?

10 Ó mirar atrás e pensar nas decisións que tomaron no pasado, algúns dubidan de se fixeron o correcto. Quizais escolleron deixar un traballo no que lles pagaban ben ou non empezar un negocio por servir a Xehová máis plenamente. Foron pasando os anos, quizais incluso as décadas, e agora ven que algúns coñecidos que tomaron decisións diferentes parecen desfrutar de moitos cartos e dunha vida cómoda. Como resultado, poida que se pregunten: “Valeron a pena os sacrificios que fixen por Xehová? Ou fixeron que perdese boas oportunidades?”.

11. Que lle preocupaba ó escritor do Salmo 73?

11 Se algunha vez te fixeches preguntas parecidas, fíxate en como se sentiu o escritor do Salmo 73. El tiña a sensación de que os que non servían a Xehová desfrutaban de boa saúde, de prosperidade e dunha vida tranquila (Sal. 73:3-5, 12). Ó ver que a esta xente parecía irlle tan ben, sentiu que os seus esforzos por servir a Xehová non valeran a pena. Falando destes pensamentos tan desanimadores dixo: “O día enteiro sufro golpes” (Sal. 73:13, 14). Que fixo para manexar estes sentimentos negativos?

12. Segundo Salmo 73:16-18, que lle axudou ó salmista a loitar contra os sentimentos negativos?

12 Le Salmo 73:16-18. O salmista foi ó templo de Xehová e alí, rodeado doutros servos de Deus, puido pensar con claridade. Nese lugar entendeu que, aínda que podía parecer que algúns desfrutaban dunha vida moi cómoda, non tiñan ningunha esperanza para o futuro. Ó ter isto claro quedou tranquilo e convencido de que servir a Xehová era o mellor. Como resultado, estivo decidido a seguir facéndoo (Sal. 73:23-28).

13. Que podes facer se te arrepintes dalgunhas decisións que tomaches no pasado? (Ver tamén a imaxe).

13 Ti tamén podes encontrar paz mental coa axuda da Biblia. Como? Fixándote no valor do que tes, como a aprobación de Xehová, e comparándoo co futuro que lles espera ós que só recibirán as recompensas que este mundo pode ofrecer. Para a maioría dos que non serven a Xehová o máis importante é ter un bo traballo e unha vida cómoda, porque non poden esperar nada máis do futuro. Pero no teu caso é moi diferente. Non só tes as cousas boas que Deus che dá agora, senón que el tamén che promete que desfrutarás para sempre de bendicións que nin sequera podes imaxinar (Sal. 145:16). Ademais, podemos realmente saber como sería a nosa vida se, no pasado, tomásemos decisións diferentes? Unha cousa está clara: os que deciden baseándose no seu amor por Xehová e polos demais nunca se perden nada que realmente sexa bo, porque teñen as cousas que lles dan a verdadeira felicidade.

Un irmán imaxinándose no Paraíso mentres limpa cristais. Vese coa súa muller levando unha carretilla chea de froita. Ó seu lado hai uns cervos.

Imaxínate no Paraíso (ver o parágrafo 13).d


CANDO DUBIDAS DE SE ES ÚTIL PARA XEHOVÁ

14. En que situación se encontran algúns, e que se poderían preguntar?

14 Algúns servos de Xehová non poden facer todo o que lles gustaría por culpa da idade, dunha discapacidade ou dos problemas de saúde. Por iso quizais sintan que non son importantes para Deus. É posible que se pregunten: “Son aínda útil para Xehová?”.

15. De que estaba seguro o escritor do Salmo 71?

15 Ó escritor do Salmo 71 pasáballe algo parecido. El orou: “Non me abandones cando me faltan as forzas” (Sal. 71:9, 18). Aínda así, seguiu estando convencido de que, se servía fielmente a Xehová, El guiaríao e apoiaríao. O salmista aprendeu que a Deus o fai moi feliz ver que alguén dá o mellor de si a pesar das súas limitacións (Sal. 37:23-25).

16. De que maneiras seguen sendo útiles para Xehová os maiores? (Salmo 92:13-16 [92:12-15, TNM]).

16 E que hai se es un irmán maior? Pensa en como te ve Xehová. Para el é posible axudarche a seguir crecendo espiritualmente a pesar das túas limitacións físicas (le Salmo 92:13-16 [92:12-15, TNM]). En vez de centrarte no que xa non es capaz de facer, céntrate no que si. Por exemplo, podes fortalecer a outros co teu bo exemplo e ó demostrarlles que te interesas por eles. Tamén podes falarlles sobre como Xehová te apoiou ó longo dos anos e contarlles canto confías en que cumprirá as súas promesas. E nunca subestimes o poder que teñen as túas oracións por outros (1 Ped. 3:12). Sen importar as nosas circunstancias, todos temos algo que ofrecerlles ós demais e a Xehová.

17. Por que non deberiamos compararnos cos demais?

17 Sénteste frustrado porque non podes facer máis no servizo a Xehová? Pois ten a seguridade de que el valora todo o que lle estás dando. Quizais sintas a tentación de compararte con outros, pero non o fagas. Por que? Porque Xehová non fai este tipo de comparacións (Gál. 6:4). Por exemplo, María deulle a Xesús un frasco dun aceite perfumado moi caro (Xoán 12:3-5). Por outro lado, a viúva pobre só deu para o templo dúas moediñas de moi pouco valor (Luc. 21:1-4). Pero Xesús non comparou estas dúas mulleres. El viu o que fixeron cada unha delas coma unha mostra de fe. E como el imita á perfección o seu Pai, podes estar seguro de que Xehová valora moito todo o que fas por fe e por amor a el, incluso se sentes que é pouca cousa.

18. Que nos axudará a resolver as nosas dúbidas? (Ver tamén o recadro “A Palabra de Xehová pode axudarche a resolver as túas dúbidas”).

18 Todos temos dúbidas ás veces. Pero, como aprendemos neste artigo, a Biblia pode axudarnos a resolvelas. Así que esfórzate por encontrar as respostas ás túas preguntas e, desta maneira, desaparecerá a preocupación. Xehová coñécete persoalmente, ten en conta tódolos sacrificios que fas por el e está decidido a recompensarte. Podes ter a garantía de que el quere e coida a cada un dos seus servos leais.

A Palabra de Xehová pode axudarche a resolver as túas dúbidas

  • Xehová preocúpase por ti

    “Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra xustificadora” (Is. 41:10).

    “Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito, quen te fai camiñar polo camiño por onde debes ir” (Is. 48:17).

  • Xehová valora as decisións que tomaches para servilo

    “Meu fillo, se o teu corazón é sabio, hase alegrar tamén o meu corazón” (Prov. 23:15).

    “Que o voso comportamento sexa desinteresado: contentádevos co que tedes, que El ten dito: ‘Non te deixarei nin te desampararei’” (Heb. 13:5).

  • Xehová aprecia todo o que podes facer por el

    “Cada un presentará a ofrenda da súa man, segundo a bendición que o Señor, o teu Deus, che concedeu” (Deut. 16:17).

    “Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del” (Heb. 6:10).

QUE RESPONDERÍAS?

  • Como sabemos que Xehová se preocupa por nós?

  • Que debemos facer coas dúbidas sobre as nosas decisións do pasado?

  • Que deberiamos facer se dubidamos de se somos útiles para Xehová?

CANCIÓN sjj 111 Os motivos da miña ledicia

a IDEA IMPORTANTE: Neste artigo analizaranse dúbidas que poden facer que non esteamos seguros de se Xehová nos valora ou de se tomamos as mellores decisións no pasado. Non se refire ó tipo de dúbidas que demostran falta de fe en Xehová e nas súas promesas.

b Aínda que a Biblia non menciona a idade exacta de David cando Xehová o escolleu, é posible que aínda fose un adolescente (mira a revista La Atalaya do 1 de setembro de 2011, páxina 29 parágrafo 2 [dispoñible en español]).

c DESCRICIÓN DA IMAXE: Unha irmá nova está buscando o consello de Xehová na Biblia para saber o que pensa sobre a súa situación.

d DESCRICIÓN DA IMAXE: Un irmán que traballa limpando cristais para manter a súa familia está imaxinándose no Paraíso.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir