ARTIGO DE ESTUDO 30
CANCIÓN sjj 97 A Palabra de Deus mantennos
Podemos seguir aprendendo das ensinanzas básicas da Biblia?
“Eu teimarei sempre en vos lembrar estas cousas, aínda que xa as coñecedes e estades firmes na verdade.” (2 PED. 1:12).
OBXECTIVO
Ver como nos poden axudar hoxe as ensinanzas básicas da Biblia aínda que xa pasaran moitos anos dende que as aprendemos.
1. Cando coñeciches a verdade, como cambiaron a túa vida as ensinanzas básicas da Biblia?
AS ENSINANZAS básicas da Biblia cambiaron a nosa vida. Por exemplo, cando aprendemos que o nome de Deus é Xehová empezamos a facernos amigos del (Is. 42:8). Ó entender que pasa cando alguén morre, deixamos de preguntarnos se os nosos seres queridos que morreron estaban sufrindo (Ecl. 9:10). Cando nos ensinaron a promesa de Deus sobre o Paraíso na Terra, deixamos de preocuparnos polo noso futuro porque sabiamos que a nosa vida non só duraría uns poucos anos, 70 ou 80, senón para sempre (Sal. 37:29; 90:10).
2. Como mostra 2 Pedro 1:12, 13 que incluso os cristiáns maduros poden beneficiarse das ensinanzas básicas da Biblia?
2 Nunca debemos dar por sentadas as ensinanzas básicas da Biblia. O apóstolo Pedro escribiulles a súa segunda carta ós cristiáns que xa estaban “firmes na verdade” (le 2 Pedro 1:12, 13). Pero agora había falsos mestres e xente mala na congregación que querían que os irmáns se apartasen da verdade (2 Ped. 2:1-3). Pedro quería darlles forzas ós irmáns para que se protexesen daquelas mentiras e para iso recordoulles algunhas das ensinanzas que xa aprenderan. Estas axudaríanlles a manterse fieis a Xehová.
3. Pon un exemplo de por que tódolos cristiáns debemos seguir meditando nas ensinanzas básicas da Biblia.
3 Ó ir madurando espiritualmente, poderemos ir sacando novas leccións das ensinanzas básicas da Biblia. Pensa por exemplo nun cociñeiro con experiencia e nun principiante. Quizais usan os mesmos ingredientes básicos para preparar un prato. Pero o cociñeiro con experiencia aprendeu co paso do tempo a sacarlles o máximo partido a eses ingredientes e a preparalos de formas innovadoras e interesantes. De maneira parecida, os irmáns que levan moito tempo servindo a Xehová poden ver as ensinanzas básicas da Biblia dende un ángulo distinto que os que están empezando a estudar. Quizais as nosas circunstancias e o que facemos no noso servizo a Xehová cambiaron dende que nos bautizamos. Por iso, cando aplicamos as ensinanzas que coñecemos dende hai tempo nas nosas circunstancias actuais, aprendemos leccións novas e prácticas. Vexamos o que poden aprender os cristiáns maduros sobre tres ensinanzas básicas da Biblia.
XEHOVÁ É O CREADOR
4. Que efecto tivo en nós saber que Xehová é o Creador?
4 Sabemos que o noso planeta e todo o que hai nel foron feitos por un Creador moi sabio e poderoso. A Biblia di: “O que constrúe todo é Deus” (Heb. 3:4). Pero podemos aprender máis cousas desta ensinanza. Como nos fixo a nós, coñécenos perfectamente. E non só iso, tamén se preocupa por nós e sabe que é o que máis nos convén. Así que saber que Xehová é o Creador cambiou a nosa vida de moitas maneiras marabillosas e deulle sentido.
5. Que ensinanza pode axudarnos a cultivar humildade? (Isaías 45:9-12).
5 Saber que Xehová é o Creador tamén nos ensina que debemos ser humildes. Cando Xob se centrou demasiado en si mesmo, noutros e en demostrar que tiña razón, Xehová recordoulle que El é o Creador todopoderoso (Xob 38:1-4). Isto recordoulle que a maneira de facer as cousas de Deus é superior á dos homes. O profeta Isaías escribiu sobre isto máis tarde e dixo: “¿Dille a ola a quen a formou: ‘¿Que fas?’” (le Isaías 45:9-12).
6. Cando é especialmente importante que pensemos no sabio e poderoso que é o noso Creador? (Ver tamén as imaxes).
6 A medida que un cristián vai collendo experiencia, pode empezar a confiar cada vez máis na súa propia opinión en vez de buscar a guía de Xehová e da Súa Palabra (Xob 37:23, 24). Como lle podería axudar pensar detidamente sobre o seu Creador, Xehová, e sobre o sabio e poderoso que El é? (Is. 40:22; 55:8, 9) Esta ensinanza fundamental fará que se dea conta de que a opinión de Xehová é máis importante que a súa, e isto axudaralle a ser humilde.
Que nos pode axudar a manter un punto de vista equilibrado sobre as nosas ideas? (Ver o parágrafo 6).d
7. Que fixo Rahela para aceptar un cambio?
7 Pensar no Creador axudoulle a aceptar os cambios na organización a unha irmá de Eslovenia chamada Rahela. Ela conta: “Non sempre foi fácil para min aceptar as decisións que toman os que nos dirixen. Por exemplo, incluso despois de ver o informe 8 do 2023 do Consello Reitor, chocoume moito ver un irmán con barba dando un discurso. Así que lle orei a Xehová para que me axudase a adaptarme a este cambio”. Rahela recoñeceu que Xehová, o Creador do ceo e da Terra, é perfectamente capaz de guiar a súa organización na dirección correcta. Se a ti tamén se che fai difícil adaptarte a un novo entendemento ou aceptar un cambio, por que non meditas sobre o sabio e poderoso que é o noso Creador? (Rom. 11:33-36).
POR QUE PERMITE DEUS O SUFRIMENTO
8. Como nos axudou saber por que permite Deus o sufrimento?
8 Por que permite Deus o sufrimento? Algúns, ó non encontrar a resposta a esta pregunta, enfadáronse con Deus ou chegaron a conclusión de que simplemente non existe (Prov. 19:3). Pero ti aprendiches que a xente sofre e morre por culpa da imperfección e do pecado herdados, e non porque Xehová fixese nada malo. Tamén aprendiches que a paciencia de Xehová permitiu que millóns de persoas o coñecesen e chegasen a entender como acabará co sufrimento para sempre (2 Ped. 3:9, 15). Estas ensinanzas animáronte e acercáronte máis a el.
9. Cando deberiamos meditar nas razóns de por que Xehová permite o sufrimento?
9 Aínda que entendemos que temos que ser pacientes mentres esperamos a que Xehová acabe co sufrimento, cando un ser querido morre, pasa por un mal momento ou unha inxustiza, quizais pensemos que Xehová está tardando moito (Hab. 1:2, 3). Neses momentos, é bo que recordemos por que permite que os xustos sufran (Sal. 34:20 [34:19, TNM]).a Tamén podemos meditar no seu desexo de acabar co sufrimento dunha vez por todas.
10. Que lle axudou a Anne a sentir consolo despois de perder a súa nai?
10 Saber por que permite Deus o sufrimento pode axudarnos a aguantar os problemas. Anne, quen vive en Mayotte, unha illa no Océano Índico, conta: “Cando perdín a miña nai hai uns anos, estiven moi triste. Pero recordaba continuamente que Xehová non é o responsable do sufrimento. Está desexando eliminalo por completo e resucitar os nosos seres queridos. Moitas veces sorpréndeme a paz mental que me dá meditar nisto”.
11. Como nos axuda a seguir predicando saber por que Xehová permite o sufrimento?
11 Saber por que permite Deus o sufrimento pode motivarnos a seguir predicando. Despois de explicar que Xehová é paciente porque quere que as persoas se arrepintan e se salven, Pedro escribiu: “Pensade na clase de persoas que debedes ser! Debedes realizar actos santos de conduta e feitos de devoción a Deus” (2 Ped. 3:11, TNM). Un deses “feitos de devoción a Deus” é a nosa predicación. Igual que o noso Pai, amamos as persoas. Queremos que vivan no novo mundo de Deus, onde non haberá inxustizas. Xehová está sendo paciente coa xente do teu territorio ó darlle a oportunidade de adoralo. Ti tes o privilexio de colaborar con Xehová axudando ó máximo número de persoas a coñecelo antes de que veña o fin (1 Cor. 3:9).
ESTAMOS VIVINDO “NOS DÍAS DERRADEIROS”
12. De que maneira nos axuda saber que estamos vivindo “nos días derradeiros”?
12 A Biblia describe con moita precisión como sería a xente “nos días derradeiros”, ou últimos días (2 Tim. 3:1-5). Só temos que mirar ó noso arredor para ver como se está cumprindo esta profecía. Ver como empeora a actitude da xente, fainos estar máis convencidos ca nunca de que se pode confiar na Palabra de Deus (2 Tim. 3:13-15).
13. Como nos axuda a comparación que fixo Xesús en Lucas 12:15-21?
13 Saber que vivimos nos últimos días axúdanos a centrarnos nas cousas que realmente importan. Fíxate no que podemos aprender sobre isto na comparación que fixo Xesús en Lucas 12:15-21 (leo). Por que se lle chamou “insensato” ó home rico? Non era porque fose rico, senón porque non tiña as prioridades correctas. El acumulara “tesouros para si mesmo pero non [era] rico ós ollos de Deus”, desta maneira, usara mal o seu tempo. Por que? Deus díxolle ó home: “Esta noite vas morrer”. Hoxe en día, mentres se achega o fin deste sistema, deberiamos preguntarnos: “Demostran as miñas metas que estou centrado nas cousas que realmente importan? E que hai das metas que lles axudo a poñerse ós meus fillos? Uso as miñas enerxías, o meu tempo e os meus cartos para acumular tesouros para min mesmo ou no ceo?”.
14. Como nos axuda a experiencia de Miki a ver por que é importante recordar que vivimos nos últimos días?
14 O punto de vista que temos sobre a nosa vida pode cambiar por completo cando pensamos nas probas que hai de que vivimos nos últimos días. Isto é o que lle pasou a unha irmá chamada Miki. Ela conta: “Cando acabei o instituto, facíame moita ilusión empezar unha carreira relacionada co estudo dos animais. Tamén tiña a meta de ser pioneira regular e de ir a un sitio de máis necesidade. Algúns amigos maduros aconselláronme que pensase en se era realista facer unha carreira e á vez alcanzar as miñas metas espirituais. Recordáronme que a este sistema lle queda moi pouco. Pero, por outro lado, no novo mundo terei toda a eternidade para estudar tódolos animais que queira. Así que escollín unha formación práctica e que durase menos tempo. Grazas a isto encontrei un traballo que me permitiu ser pioneira regular e máis tarde mudarme a un lugar de necesidade, como era ó Ecuador”. Miki e o seu home agora serven na obra de circuíto nese país.
15. Como nos axuda o exemplo de Santiago a non darnos por vencidos coas persoas que aínda non se interesaron polas boas noticias? (Ver tamén as imaxes).
15 Non debemos desanimarnos aínda que ó principio á xente non lle interesen as boas noticias. As persoas poden cambiar. Pensa no exemplo do medio irmán de Xesús, Santiago. Viu a Xesús crecer, converterse no Mesías, e ensinar coma ninguén o fixera antes. Aínda así, durante anos, Santiago non o seguiu. Só se fixo discípulo seu despois de que resucitase, e foi un discípulo moi entusiasta! (Xoán 7:5; Gál. 2:9) b Non te deas por vencido cos teus familiares que aínda non demostraron interese e volve predicarlles ós que non te quixeron escoitar antes. Recorda que estamos vivindo nos últimos días, así que é urxente predicar. O que lles digas agora pode ter un efecto neles máis adiante, incluso despois de que empece a gran tribulación.c
Que pode axudarche a non darte por vencido cos teus familiares que non son Testemuñas? (Ver o parágrafo 15).e
SIGÁMOSLLE AGRADECENDO A XEHOVÁ OS SEUS RECORDATORIOS
16. Como che axudaron os recordatorios de Xehová? (Ver tamén o recadro “Usa as ensinanzas da Biblia para axudar a outros”).
16 Parte do alimento espiritual que recibimos está pensado para persoas que nunca escoitaron as verdades básicas da Biblia. Por exemplo, os discursos públicos da fin de semana, algúns artigos e vídeos de jw.org e as revistas para o público están deseñados principalmente para os que non son Testemuñas. Aínda así, a todos nos axudan estes recordatorios. Fan que queiramos máis a Xehová, fortalecen a nosa fe na súa Palabra e permítennos ensinarlles mellor as verdades básicas da Biblia a outros (Sal. 19:8 [19:7, TNM]).
17. Cando deberías meditar nas ensinanzas básicas da Biblia?
17 Os que levamos moito tempo servindo a Xehová emocionámonos moito cando hai un novo entendemento dunha ensinanza da Biblia. Pero tamén estamos moi agradecidos polas ensinanzas que aprendemos ó principio e que nos acercaron máis a Xehová. Como aprendemos, estas ensinanzas poden seguir axudándonos agora. Cando recibamos instrucións da organización e pensemos que a nosa opinión ou a nosa forma de facer as cousas é mellor, recordemos con humildade que quen dirixe a organización é Xehová, o noso Creador sabio e poderoso. Se nós ou un dos nosos seres queridos estamos pasando por dificultades, podemos ser pacientes e meditar en por que Xehová permite o sufrimento. E ó decidir como imos usar o noso tempo e recursos, recordemos que vivimos nos últimos días e que non queda moito para que chegue o fin. Que os recordatorios de Xehová nos sigan fortalecendo, motivando e facéndonos máis sabios cada día!
CANCIÓN sjj 95 A luz non deixa de medrar
a Mira o artigo “Pronto acabará todo el sufrimiento” na revista La Atalaya do 15 de maio de 2007, páxinas 21 a 25 (dispoñible en español).
c Mira o artigo “Que sabemos sobre os futuros xuízos de Xehová?” na revista A Atalaia de maio de 2024, páxinas 8 a 13.
d DESCRICIÓN DA IMAXE: Un ancián fai unha proposta coa que non está de acordo o resto do corpo de anciáns. Despois, baixo unha noite estrelada, séntese motivado a ver as súas ideas cun punto de vista equilibrado.
e DESCRICIÓN DA IMAXE: Durante o seu estudo persoal, unha irmá repasa as probas de que vivimos nos últimos días. Isto anímaa a chamar a súa irmá e predicarlle.