BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 31
  • Quedou moi impresionada cos resultados

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quedou moi impresionada cos resultados
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • Consolando a outros a pesar dos seus problemas de saúde
    Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Seguiron predicando durante a pandemia
    Historias persoais de testemuñas de Xehová
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 31
Desicar enviándolles mensaxes ós seus coñecidos.

Quedou moi impresionada cos resultados

Unha nai solteira chamada Desicar quería facer máis no seu servizo a Xehová sendo pioneira regular. Ela vive en Venezuela, un país con moitas dificultades económicas. Aínda así, estaba decidida a ser pioneira. Sentíase moi feliz cando conseguiu a súa meta pero, de repente, comezou a pandemia da COVID-19.

Ó principio da pandemia Desicar tivo dificultades para adaptarse ás novas formas de predicar. Escribir cartas era un desafío para ela. E non podía predicar por videoconferencia porque Internet era moi caro na súa zona. Ela explica: “Sentíame moi desanimada. Da noite para a mañá, xa non podía predicar coma antes. Pensaba que non estaba cumprindo a promesa que lle fixera a Xehová cando comecei a servir como pioneira”.

En xaneiro de 2021, a sucursal das Testemuñas de Xehová en Venezuela aprobou unha campaña especial de predicación. Fixéronse preparativos para emitir algúns discursos públicos seleccionados, en sesenta emisoras de radio e sete canles de televisión, durante os cinco fins de semana do mes. Animouse os publicadores a invitar a persoas interesadas a ver e escoitar estes programas. Ademais, a sucursal deulles ós irmáns algunhas preguntas e textos da Biblia que poderían usar nas súas cartas ou nas súas conversas por teléfono. Tamén animou a usar as mensaxes de texto, un novo método de predicación para moitas Testemuñas en Venezuela.

A Desicar facíalle moita ilusión participar na campaña. Aínda que nunca usara as mensaxes para predicar, decidiu intentalo. Como a Desicar non se lle daba moi ben a tecnoloxía, pediulle axuda á súa filla. En pouco tempo, xa estaba preparada para participar na campaña.

Desicar

Usando as mensaxes de texto, Desicar invitou a moitos coñecidos a escoitar os discursos e quedou moi impresionada cos resultados. Moitos dos seus contactos escoitaron os discursos e fixéronlle preguntas. E aínda que outros non puideron escoitalos, preguntáronlle a Desicar de que se falara. “Preparei un resumo das miñas notas e compartino con eles. Nunca fixera máis de cinco revisitas nun mes, pero para o final da campaña conseguín facer 112!”a, explica Desicar.

Desicar tamén invitou a súa irmá, que non é Testemuña e que vive na casa do lado, a escoitar os discursos na radio. Ela comenta: “Para a miña sorpresa, a miña irmá aceptou. Cada domingo ás oito da mañá, ía á súa casa e escoitabamos xuntas os discursos. Facíame moitas preguntas durante e despois do programa”. A irmá de Desicar tamén se conectou por videoconferencia á Conmemoración da morte de Xesús e déixalle utilizar a súa conexión a Internet para predicar.

Desicar di: “Estoulle moi agradecida a Xehová. Tamén quero darlle grazas ós anciáns da miña congregación por animarme tanto. Axudáronme a recuperar a alegría na predicación” (Xeremías 15:16). Desicar continúa sendo pioneira e atendendo o interese das persoas coas que falou da verdade por mensaxe.

a As testemuñas de Xehová predican tendo en conta as leis de protección de datos do país onde viven.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir