BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 107
  • Como podo resistir a presión de ter relacións sexuais?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podo resistir a presión de ter relacións sexuais?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Ideas equivocadas e realidades
  • Como resistir a presión de ter relacións sexuais
  • É o sexo oral realmente sexo?
    Preguntas da xuventude
  • Que fago se me insisten para ter relacións sexuais?
    Respostas a 10 preguntas da xuventude
  • Como falar de sexo co teu fillo
    Despertade! (2016)
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 107
Un adolescente, nun vestiario, sostendo un teléfono móbil na man mentres outros rapaces exercen presión para que tome unha decisión.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Como podo resistir a presión de ter relacións sexuais?

“Cando estaba no instituto, se alguén dicía que xa tivera relacións sexuais, todo o mundo pensaba que eles tamén tiñan que facer o mesmo. Despois de todo, ninguén quere ser un bicho raro” (Elaine, 21).

Sentiches algunha vez que debías ter relacións sexuais só porque parecía que todo o mundo o facía?

Insistiuche moito algunha vez alguén a quen querías para practicar sexo?

Se che pasou algunha destas cousas, este artigo pode axudarche a resistir a presión dos demais e dos teus propios desexos, e así ser capaz de tomar mellores decisións.

  • Ideas equivocadas e realidades

  • Como resistir a presión de ter relacións sexuais

  • O que opinan outros mozos

Ideas equivocadas e realidades

IDEA EQUIVOCADA: Todo o mundo o fai, menos eu.

REALIDADE: Segundo unha enquisa, dous de cada tres rapaces e rapazas de 18 anos din que xa mantiveron relacións sexuais. Pero iso significa que máis do 30 %, unha cantidade bastante grande, aínda non o fixo. Así que non “todo o mundo” mantivo relacións sexuais.

IDEA EQUIVOCADA: O sexo vaime unir máis á outra persoa.

REALIDADE: Isto é o que din moitos rapaces para convencer as rapazas de que teñan relacións sexuais con eles, pero non é certo. A miúdo, son eles os que rompen a relación despois de practicar sexo con elas, algo que as deixa moi impactadas e abatidas, xa que pensaban que o rapaz estaba namorado delas ou sentía algún tipo de compromiso.a

IDEA EQUIVOCADA: A Biblia di que o sexo está mal.

REALIDADE: A Biblia promove un punto de vista positivo sobre o sexo, pero di que é só para desfrutar dentro dun matrimonio composto por un home e unha muller (Xénese 1:28; 1 Corintios 7:3).

IDEA EQUIVOCADA: Se sigo as normas morais da Biblia vou ter unha vida moi aburrida.

REALIDADE: Se esperas a casar para ter relacións sexuais, serás máis feliz porque sentirás a tranquilidade de saber que evitaches a preocupación, o arrepentimento e a inseguridade que produce con frecuencia manter relacións sexuais antes do matrimonio.

En resumo: Esperar a casar para manter relacións sexuais nunca lle fixo dano a ninguén. Pero ter sexo antes do matrimonio, si que llo fixo.

Como resistir a presión de ter relacións sexuais

  • Fortalece as túas conviccións. A Biblia di que a xente madura “ten o sentido xa afeito polo costume e é capaz de distingui-lo bo do malo” (Hebreos 5:14). Estas persoas teñen moi claro o que está ben e o que está mal, por iso resisten máis facilmente a presión que exercen os demais para que fagan cousas malas.

    “Esforceime moito para facer o correcto e ter boa reputación, así que non quero facer nada que bote por terra o que conseguín” (Alicia, 16).

    Pensa nisto: Que reputación che gustaría ter? Vale a pena sacrificar esa reputación tan só por conseguir a aprobación de alguén?

  • Pensa nas consecuencias. A Biblia di: “O que a persoa semente é o que recollerá” (Gálatas 6:7). Pensa no futuro e en como cambiaría a túa vida e a da outra persoa se cedes á presión de manter relacións sexuais con ela.b

    “As relacións sexuais antes do matrimonio adoitan ir seguidas de culpa, arrepentimento e sentimentos de abandono, sen mencionar a posibilidade dun embarazo non desexado ou unha enfermidade de transmisión sexual” (Sienna, 16).

    Pensa nisto: No libro Sex Smart faise a seguinte pregunta: “Se os teus amigos te están empuxando a facer cousas que te poden prexudicar, son eles a clase de persoas coas que che gustaría pasar tempo e seguir os seus consellos en asuntos importantes?”.c

  • Ten un punto de vista equilibrado. O sexo non é un inimigo. De feito, a Biblia di que os matrimonios deberían desfrutar dese aspecto da súa relación (Proverbios 5:18, 19).

    “O sexo é unha parte moi fermosa da creación. Deus quere que desfrutemos del, pero só baixo o arranxo que el deseñou para iso, o matrimonio” (Jeremy, 17).

    Pensa nisto: Se algún día te casas, poderás manter relacións sexuais e desfrutarás delas coa tranquilidade de saber que non vas sufrir as consecuencias negativas mencionadas antes.

a Por suposto, non sempre son os rapaces os que insisten en ter relacións. En moitos casos é a rapaza a que trata de convencelo a el.

b Entre outras cousas, as consecuencias poderían incluír un embarazo non desexado, e dependendo das idades das dúas persoas, pode implicar certas cuestións legais relacionadas con actividades sexuais con menores.

c Sex Smart: 501 Reasons to Hold Off on Sex, escrito por Susan Browning Pogány.

O que opinan outros mozos

Mikayla.

“Ter relacións antes do matrimonio non é a maneira de demostrarlle amor a alguén. Amas a persoa cando a respectas a ela e tamén a ti, e esperades ata estar casados. Iso dálle seguridade ó matrimonio porque sabes que a outra persoa está contigo por algo máis que só por atracción física” (Mikayla).

Caiman.

“Cando as persoas manteñen relacións fóra do matrimonio, o sentimento de compromiso ou lealdade cara ó outro desaparece. De feito, é moi común ver que a xente trata as súas parellas sexuais coma un pano de usar e tirar. O pracer que poden conseguir co sexo ten caducidade e moitas veces vese sepultado polas consecuencias negativas que produce” (Caiman).

Repaso: Como podo resistir a presión de ter relacións sexuais?

  • Fortalece as túas conviccións morais. Unha persoa con fortes conviccións é menos propensa a ceder ante a presión.

  • Pensa nas consecuencias. Pensa no futuro e en como cambiaría a túa vida e a da outra persoa se tendes relacións antes de casar.

  • Ten un punto de vista equilibrado. O sexo non é un inimigo. Deus deseñouno para que os humanos o desfrutasen, pero dentro dun matrimonio composto por un home e unha muller.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir