Kim Steele/The Image Bank via Getty Images
Que fará o Reino de Deus cos problemas económicos?
Moitas persoas en todo o mundo loitan por chegar a fin de mes, xa que cada vez é máis difícil gañar os cartos necesarios para vivir.
Segundo un informe recente,a os salarios mensuais están caendo en moitos países. Este mesmo informe advirte que se non se fai nada haberá un aumento da desigualdade e diminuirá o nivel de vida dos traballadores e as súas familias.
Serán capaces os gobernos de solucionar esta crise económica ou, polo menos, de mellorar a situación?
A Biblia fala dun goberno que pode e que vai resolver tódolos problemas económicos, incluída a desigualdade. Nela explícase que “o Deus do ceo suscitará [ou establecerá] un reino”, é dicir, un único goberno que se encargará de xestionar tódolos asuntos da Terra (Daniel 2:44). Baixo este goberno, non se esquecerá nin abandonará a ninguén (Salmo 9:19 [9:18, TNM]). O Reino de Deus asegurarase de que os seus cidadáns teñan o que necesitan para ser felices. Todos desfrutarán do seu traballo (Isaías 65:21, 22).
a Informe mundial sobre salarios 2022-2023, da Organización Internacional do Traballo.