Maremagnum/Corbis Documentary via Getty Images
ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Comezará o Armaxedón en Israel? O que di a Biblia
A Biblia non describe o Armaxedón coma un conflito rexional, máis ben, explica que é unha guerra global entre tódolos gobernos humanos e Deus.
“Os espíritos dos demos [. . .] van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén. [. . .] Os espíritos xuntáronos no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón” (Apocalipse 16:14, 16).
A palabra “Harmaguedón” ou Armaxedón vén do termo hebreo Har-Meguidón, que significa “Montaña de Meguido”. Meguido era unha cidade do antigo Israel, por iso, algunhas persoas pensan que o Armaxedón terá lugar en Israel. En cambio, nin a rexión de Meguido nin tampouco ningunha outra zona de Oriente Próximo é grande abondo para acoller os “reis de toda a terra” e os seus exércitos.
O libro de Apocalipse escribiuse “en sinais”, é dicir, usando linguaxe simbólica (Apocalipse 1:1). Polo tanto, Armaxedón non se refire a un lugar literal senón á situación mundial á que chegan as nacións no seu último intento de poñerse en contra do Reino de Deus (Apocalipse 19:11-16, 19-21).