BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 97
  • Por que hai tanto odio? O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que hai tanto odio? O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • O noso tempo está marcado polo odio
Outros temas
mrt artigo 97
Un debuxo dunha persoa falando. As cosas que di son coma frechas que atacan a persoa coa que está falando.

alashi/DigitalVision Vectors via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Por que hai tanto odio? O que di a Biblia

A gran maioría das noticias falan de discursos e crimes de odio, de actos violentos provocados polos prexuízos raciais e da guerra.

  • “Debido ó conflito entre Israel e Gaza e ás persoas que promoven o odio e a violencia disparouse o discurso de odio nas redes sociais” (The New York Times, 15 de novembro de 2023).

  • “Dende o 7 de outubro, no mundo houbo un aumento moi rápido e preocupante de odio e de violencia como resultado dos prexuízos” (Dennis Francis, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, 3 de novembro de 2023).

Isto non é nada novo. De feito, a Biblia describe a persoas do pasado que “[disparaban] coma frechas palabras velenosas” e que buscaban a guerra e a violencia (Salmo 64:4 [64:3, TNM]; 120:7; 140:2 [140:1, TNM]). Pero a Biblia explica que o odio que vemos hoxe ten un significado importante.

O noso tempo está marcado polo odio

A Biblia explica dúas razóns polas que o odio é tan común hoxe.

  1. 1. Predixo un período de tempo no que “desaparecerá o amor da maioría” (Mateo 24:12). En vez de ter amor, a actitude que terían as persoas faría que se odiasen (2 Timoteo 3:1-5, TNM).

  2. 2. O odio tan intenso que hai hoxe no mundo é o resultado da terrible influencia de Satanás o Demo. A Biblia di que “o mundo enteiro está nas mans do Maligno” (1 Xoán 5:19; Apocalipse 12:9, 12).

Pero a Biblia tamén nos di que Deus pronto eliminará tódalas cousas que provocan o odio e que curará toda a dor. A Biblia promete:

  • Deus “secaralles toda lágrima dos seus ollos, e a morte xa non existirá, nin haberá máis tristeza nin pranto nin dor. As cousas anteriores desapareceron” (Apocalipse 21:4, TNM).

Invitámoste a ler o número da revista La Atalaya titulado “Rompamos el ciclo del odio”. Encontrarás a resposta que dá a Biblia a estas preguntas:

Por que hai tanto odio?

Como podemos vencer o odio na nosa vida?

Que fará Deus para eliminar por completo o odio?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir