BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 102
  • A soidade, un problema en aumento. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A soidade, un problema en aumento. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Ter amigos axúdanos a combater a soidade. Como nos pode axudar a Biblia
    Outros temas
  • A epidemia da soidade. Como podes superala?
    Outros temas
  • Podes vencer a soidade axudando a outros. O que di a Biblia
    Outros temas
Outros temas
mrt artigo 102
Unha persoa de papel soa e separada doutras que están xuntas entre si.

Francesco Carta fotografo/Moment via Getty Images

A soidade, un problema en aumento. O que di a Biblia

Segundo un informea recente, unha de cada catro persoas séntese soa.

  • “O illamento social pode afectar a calquera persoa, de calquera idade e de calquera lugar” (Chido Mpemba, copresidenta da Comisión da Organización Mundial da Saúde sobre a Conexión Social).

Ó contrario do que moita xente cre, a soidade non só é cousa de persoas maiores ou illadas. Tamén está afectando a xuventude, a persoas con boa saúde, a persoas que teñen éxito e incluso a matrimonios. O illamento social e a soidade poden causar serios problemas na saúde física e emocional dunha persoa.

  • “A soidade é moito máis que un sentimento negativo [...]. Estar socialmente desconectado ten un impacto na mortalidade similar ó causado por fumar ata 15 cigarros ó día”, explica o doutor Vivek Murthy, cirurxián xeral dos Estados Unidos.

O que di a Biblia

O noso creador non quere que esteamos illados socialmente. Deus sempre quixo que os seres humanos desfrutásemos de boa compañía.

  • Principio bíblico: “Deus pensou: —‘Non está ben o home só’” (Xénese 2:18).

Deus quere que cheguemos a ser os seus amigos. Por iso promete que vai estar cerca de nós, sempre e cando nos esforcemos por estar cerca del (Santiago 4:8).

  • Principio bíblico: “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus, porque deles é o Reino dos ceos” (Mateo 5:3).

Deus quere que o adoremos xunto con outras persoas. Facer isto vainos axudar emocionalmente.

  • Principio bíblico: “Considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. E non faltedes endexamais á nosa reunión [...], senón que nos animemos uns ós outros” (Hebreos 10:24, 25).

Se queres saber máis sobre a importancia de intentar evitar a soidade, lee o artigo “Soledad en la era de la comunicación”.

Estás invitado

As testemuñas de Xehová xuntámonos dúas veces por semana para poder ter unha amizade forte co Creador e tamén coas persoas que asisten ás nosas reunións. Ti tamén estás invitado.

  • Atopa a reunión máis próxima.

  • Solicita unha visita.

a The Global State of Social Connections, by Meta and Gallup, 2023.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir