BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mrt artigo 117
  • A violencia contra os políticos. O que di a Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A violencia contra os políticos. O que di a Biblia
  • Outros temas
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • A división política estaba predita
  • O fin da violencia contra os políticos
  • Por que as persoas non poden conseguir a paz? O que di a Biblia
    Outros temas
  • Tiroteos en centros educativos. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Cal é o sinal dos últimos días ou dos “días derradeiros”?
    Preguntas sobre a Biblia
Outros temas
mrt artigo 117
Unha escopeta de dous canóns apuntando ó lector.

Rui Almeida Fotografia/Moment via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A violencia contra os políticos. O que di a Biblia

O mundo está sendo devastado por unha onda de violencia contra os políticos.

  • O número récord de 39 candidatos asasinados, xunto con outras formas de violencia contra os políticos, deixou en segundo plano a campaña electoral de 2023-2024 en México.

  • Europa sufriu recentemente numerosos incidentes violentos contra os políticos, incluído o intento de asasinato do primeiro ministro eslovaco o 15 de maio de 2024.

  • O segundo intento de asasinato do expresidente Donald Trump o 15 de setembro de 2024 sacudiu os Estados Unidos.

Por que hai tanta violencia contra os políticos? Acabará algún día? Que di a Biblia?

A división política estaba predita

A Biblia predixo que “nos últimos días”, é dicir no tempo no que vivimos, moitas persoas terían actitudes que fomentan violencia e desacordos.

  • “Nos últimos días virán tempos críticos e difíciles de soportar. Porque a xente só se amará a si mesma; serán [...] desagradecidos e desleais, [...] non estarán dispostos a chegar a ningún acordo, [...] serán feroces, [...] traizoeiros e teimudos, estarán cheos de orgullo” (2 Timoteo 3:1-4, TNM).

A Biblia predixo que disturbios como, por exemplo, persoas rebelándose contra o goberno e revoltas políticas, serían comúns neste período de tempo (Lucas 21:9, nota). Aínda así, a división e a violencia por causas políticas non durarán para sempre.

O fin da violencia contra os políticos

A Biblia explica que Deus substituirá tódolos gobernos humanos co seu propio goberno que estableceu no ceo.

  • “O Deus do ceo suscitará un reino que [...] destruirá e acabará con [tódolos demais] reinos, e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).

O Reino de Deus unirá de verdade as persoas e converterá a Terra nun lugar pacífico.

  • Ó seu gobernante, Xesucristo, tamén se lle chama “Soberano da Paz”. El asegurarase de que “a paz non [teña] fin” (Isaías 9:5, 6 [9:6, 7, TNM]).

  • Incluso agora, os que están baixo este Reino aprenden a vivir en paz. Por iso a Biblia di: “Coas espadas forxarán arados; coas lanzas, podadeiras. Non levantará un pobo contra outro a espada, nin aprenderán de novo a face-la guerra” (Isaías 2:3, 4).

Para saber máis, le o artigo “¿Qué cosas logrará el Reino de Dios?” e mira o vídeo Que é o Reino de Deus?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir