BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 63
  • Están as testemuñas de Xehová en contra das vacinas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Están as testemuñas de Xehová en contra das vacinas?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • Aceptades atención médica?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Valora o regalo da vida
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Prepárate agora por se tes unha emerxencia médica
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Que fará o Reino de Deus coa saúde?
    Outros temas
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 63
Unha xiringa e dous frascos de vacinas.

Están as testemuñas de Xehová en contra das vacinas?

Non. As testemuñas de Xehová non se opoñen ás vacinas. Vemos a vacinación como unha decisión persoal que cada cristián debe tomar. Moitas testemuñas de Xehová escollen vacinarse.

Buscamos atención médica de calidade e valoramos os moitos avances da ciencia na medicina para reducir o risco de enfermidades graves. Agradecemos moito o compromiso e o traballo dos profesionais da saúde, sobre todo, en tempos de crise.

As testemuñas de Xehová colaboran coas autoridades sanitarias do goberno. Por exemplo, dende que comezou a pandemia da COVID-19, as testemuñas de Xehová seguen publicando recordatorios en centos de idiomas na súa páxina web e animando as persoas a seguir cumprindo coas medidas de sanidade locais. Isto inclúe a importancia de manter a distancia de seguridade e seguir as normas sobre as reunións sociais, as corentenas, lavar as mans, levar posta a máscara, así como outras medidas prácticas que esixen ou recomendan as autoridades (Romanos 13:1, 2).

Durante décadas as publicacións das testemuñas de Xehová resaltaron os seguintes principios:

  • As decisións sobre a saúde son un asunto persoal (Gálatas 6:5).

    “(Esta revista) non recomenda ningún tipo de medicamento ou terapias por enriba doutros nin ofrece consellos médicos. O seu obxectivo é simplemente presentar feitos e deixar que o lector tome as súas propias decisións” (Despertad!, 8 febreiro 1987).

    “A pregunta de se ti ou os teus fillos debedes vacinarvos é algo que debes decidir por ti mesmo” (Despertad!, 22 agosto 1965).

  • Buscamos atención médica porque valoramos moito a vida (Feitos 17:28).

    “As testemuñas de Xehová aproveitan os coñecementos médicos para recibir axuda cos seus problemas de saúde. Aman a vida e queren facer todo canto sexa razoable e bíblico para prolongala” (La Atalaya, 1 xullo 1975).

    “As testemuñas de Xehová aceptan de boa gana os medicamentos e os tratamentos médicos. Queren manter unha boa saúde e prolongar a súa vida. De feito, igual que Lucas, un cristián do século primeiro, algunhas testemuñas de Xehová son médicos. [...] As testemuñas de Xehová valoran moito a atención e axuda que reciben dos profesionais da saúde cando están enfermos e agradecen moito a súa dedicación e duro traballo” (La Atalaya, 1 febreiro 2011).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir