BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 7
  • Que podo facer se non me gusta ir á escola?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que podo facer se non me gusta ir á escola?
  • Preguntas da xuventude
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 7
Un adolescente desanimado está parado diante dos armarios onde os rapaces gardan as súas cousas na escola.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Que podo facer se non me gusta ir á escola?

Profesores duros. Presión de grupo. Exames estresantes e unha morea de deberes. Se dis que non che gusta a escola, é comprensiblea. Unha adolescente que se chama Rachelb di:

“Preferiría estar en calquera outro lugar que na escola. Por exemplo gustaríame estar na praia, cos meus amigos ou incluso axudar ós meus pais a cociñar ou limpar”.

Se te sentes como Rachel, o tempo que pasas na escola pode ser como unha condena en prisión, que terás que soportar ata que te gradúes. É esa a mellor maneira de ver o tempo que pasas na escola?

Sabíalo? Cando cambias o teu punto de vista sobre a escola, ti colles o control da situación e deixas de vela como algo que simplemente tes que soportar. En certo sentido, a escola convértese nunha ferramenta que che axudará a perfeccionar as habilidades que necesitarás cando sexas adulto.

Para mellorar o teu punto de vista sobre a escola, intenta centrarte nisto:

Un debuxo dunha libreta e un lapis.

A túa educación. Canto máis aprendas, en lugar de depender sempre dos demais poderás resolver mellor os problemas que poidas ter no futuro, tanto no traballo como noutras situacións da vida. Pregúntante: “Incluso se hai cousas da escola que non me gustan, estou aprendendo algo útil?”.

Principio bíblico: “Protexe a sabedoría práctica e a capacidade de pensar” (Proverbios 3:21).

Se queres máis información, le o artigo “¿Y si estudiar no es lo mío?”.

Un debuxo dunha lista de comprobación.

Os teus hábitos. A rutina escolar ensínache como administrar o teu tempo, ser disciplinado e traballar duro, habilidades que necesitarás cando sexas adulto. Pregúntate: “De que maneira a rutina escolar pode axudarme a ser disciplinado e un bo traballador? Que podo facer para mellorar nestes campos?”.

Principio bíblico: “Todo traballo ten o seu proveito” (Proverbios 14:23).

Se queres máis información, mira o artigo “¿Cómo puedo organizar mejor mi tiempo?”.

Un debuxo de dúas persoas tendo unha conversa.

As túas habilidades sociais. Relacionarte cos teus compañeiros na escola pode axudarche a desenvolver empatía e respecto polos demais. Un mozo chamado Joshua di: “Aprender a comunicarse coa xente é tan importante como aprender historia e ciencias. É unha habilidade que vas usar toda a túa vida”. Pregúntate: “Que aprendín na escola sobre levarme ben con outros, aínda que teñan diferentes orixes ou crenzas ca min?”.

Principio bíblico: “Procurade de tódolos xeitos a paz entre todos” (Hebreos 12:14).

Se queres máis información, mira o artigo “Como podo mellorar as miñas conversas?”.

Un debuxo dunha persoa camiñando por unha estrada.

O teu futuro. A escola pode axudarche a recoñecer cales son os teus puntos fortes e poñerte metas nesa liña. Unha moza chamada Brooke conta: “Pode que, coma min, decidas formarte nun campo específico que te prepare para traballar cando te gradúes”. Pregúntate: “Como me vou manter despois de graduarme na escola? Como me podo asegurar de que aprendo o que necesito para logralo?”.

Principio bíblico: “Fíxate nos vieiros que tomas” (Proverbios 4:26, SBG).

a Moitos dos principios deste artigo tamén axudarán ós mozos que seguen un programa de educación na casa ou homeschooling.

b Cambiáronse algúns nomes.

O que opinan outros mozos

  • Madison.

    “Nos proxectos en grupo, tiven que traballar con diferentes tipos de persoas. Grazas a isto, aprendín a escoitar a xente con orixes e estilos de vida moi diferentes ós meus. A maioría dos compañeiros que tiña eran bos e respectuosos comigo porque sabían que eu era amable e non os criticaba” (Madison).

  • Ryan.

    “Aprendín a ter un punto de vista positivo sobre os meus compañeiros de clase. Moitos deles intentaban ser boas persoas. Así que buscaba oportunidades de compartir con eles ensinanzas da Biblia que os puidesen animar” (Ryan).

  • Brooke.

    “A escola axúdache a desenvolver habilidades sociais. Tes que estar cos teus compañeiros de clase todo o día, polo que aprendes a saber que dicir e que non dicir, como ser paciente e como compartir. Nas clases de educación física practicas deportes colectivos. Isto ensínache a traballar en equipo, cousa que non podes aprender por ti mesmo” (Brooke).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir