BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 46
  • Cantas testemuñas de Xehová hai no mundo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cantas testemuñas de Xehová hai no mundo?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • A quen contamos como testemuña de Xehová?
  • Hai que pagar para ser testemuña de Xehová?
  • Como saben cantas testemuñas de Xehová predican?
  • Contan entre os seus membros aquelas persoas que non predican, pero asisten ás súas reunións ou reciben cursos da Biblia?
  • Por que ás veces as cifras do censo son superiores ás rexistradas pola organización das testemuñas de Xehová?
  • Totais de 2024
    Informe mundial das Testemuñas de Xehová do ano de servizo 2024
  • Podemos mirar cara ó 2024 con esperanza? O que di a Biblia.
    Outros temas
  • É inevitable que haxa unha guerra mundial? O que di a Biblia
    Outros temas
  • Cifras totais de 2021
    Informe mundial das Testemuñas de Xehová do ano de servizo 2021
Ver máis
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 46
Unha testemuña de Xehová predicándolle a unha muller

Cantas testemuñas de Xehová hai no mundo?

Informe 2024

Cantidade de testemuñas de Xehová no mundo

9.043.460

Congregacións

118.767

Países e territorios onde predicamos

240

Totais 2024

Informes por países e territorios 2024

A quen contamos como testemuña de Xehová?

Contamos como testemuña de Xehová só a quen predica a mensaxe do Reino de Deus tódolos meses (Mateo 24:14). Isto inclúe tanto os que están bautizados como os que están cualificados para predicar, mesmo se non están bautizados.

Hai que pagar para ser testemuña de Xehová?

Non. Os donativos non están relacionados con que se considere ou non testemuña de Xehová a alguén, nin con que reciba certa responsabilidade ou función dentro da nosa organización (Feitos 8:18-20). De feito, a maioría dos donativos efectúanse anonimamente. Cada testemuña de Xehová coopera coa obra de predicar empregando voluntariamente o tempo, enerxía e recursos que desexe e de acordo coas súas circunstancias persoais (2 Corintios 9:7).

Como saben cantas testemuñas de Xehová predican?

Tódolos meses, as testemuñas de Xehová entregan voluntariamente, á congregación á que pertencen, un informe da súa actividade na obra de predicar.

Súmanse tódolos informes da congregación, e envíanse os totais á sucursal correspondente. Entón, a sucursal envía á sede central os totais de cada país ou territorio que supervisa.

Ó final de cada ano de servizo,a calcúlase a cantidade máxima de testemuñas de Xehová que houbo en cada país ou territorio. Estas cifras súmanse para determinar cantas testemuñas de Xehová hai no mundo. Entón publícase un informe detallado por países na sección “Arredor do mundo” da nosa páxina web jw.org. Alégranos coñecer estes informes, do mesmo xeito que os primeiros cristiáns se alegraban cando escoitaban informes parecidos (Feitos 2:41; 4:4; 15:3).

Contan entre os seus membros aquelas persoas que non predican, pero asisten ás súas reunións ou reciben cursos da Biblia?

Inda que non contamos como testemuñas de Xehová os que non predican, estamos encantados de recibilos nas nosas congregacións. Os máis deles asisten anualmente á Conmemoración da Morte de Cristo. Polo tanto, podemos saber aproximadamente cantos son calculando a diferenza entre os asistentes a este evento e a cantidade de testemuñas de Xehová. En 2024, a asistencia á Conmemoración foi de 21.119.442.

Tamén hai moitos que reciben un curso da Biblia gratuíto pero non asisten ás nosas reunións. En 2024, impartimos unha media mensual de 7.480.146 cursos, e nalgúns deles había máis de un estudante.

Por que ás veces as cifras do censo son superiores ás rexistradas pola organización das testemuñas de Xehová?

Normalmente, os datos do censo obtéñense preguntándolles ás persoas con que grupo relixioso se identifican. Por exemplo, a Oficina do Censo de Estados Unidos di que o obxectivo das súas enquisas é “determinar se os enquisados se consideran membros dalgún grupo relixioso”. Tamén afirman que os resultados están baseados en opinións persoais, e non en datos reais. Pola contra, nós non contamos como testemuñas de Xehová os que se identifican como tales, senón só os que predican e informan a súa participación nesta actividade.

a O ano de servizo comeza o 1 de setembro e remata o 31 de agosto do ano seguinte. Por exemplo, o ano de servizo 2015 comezou o 1 de setembro de 2014 e rematou o 31 de agosto de 2015.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir