BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 159
  • Van os animais ó ceo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Van os animais ó ceo?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Teñen alma os animais?
  • Poden morrer as almas?
  • Os animais poden pecar?
  • Está ben maltratar os animais?
  • Ser vegano. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Que significan os termos alma e espírito?
    Que ensina realmente a Biblia?
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 159
Un can

Van os animais ó ceo?

O que di a Biblia

A Biblia ensina que, de tódalas criaturas que hai na Terra, só uns poucos seres humanos irán ó ceo (Apocalipse 14:1, 3). Alí gobernarán como reis e sacerdotes xunto con Xesús (Lucas 22:28-30; Apocalipse 5:9, 10). En cambio, a maior parte dos seres humanos resucitarán na Terra feita un paraíso (Salmo 37:11, 29).

A Biblia non fala dun ceo para os cans nin para ningunha outra mascota, e faino por unha boa razón: os animais non poden dar os pasos necesarios para recibir a “chamada celestial”, é dicir, a invitación para ir ó ceo (Hebreos 3:1, TNM). Estes pasos inclúen coñecer, ter fe e obedecer as normas de Deus (Mateo 19:17; Xoán 3:16; 17:3). Só os seres humanos foron creados coa esperanza de vivir para sempre (Xénese 2:16, 17; 3:22, 23).

Para ir ó ceo, calquera criatura que viva na Terra primeiro debe ser resucitada (1 Corintios 15:42). A Biblia fala dalgunhas resurreccións (1 Reis 17:17-24; 2 Reis 4:32-37; 13:20, 21; Lucas 7:11-15; 8:41, 42, 49-56; Xoán 11:38-44; Feitos 9:36-42; 20:7-12). Pero todas elas foron de seres humanos, non de animais.

  • Teñen alma os animais?

  • Poden morrer as almas?

  • Os animais poden pecar?

  • Está ben maltratar os animais?

Teñen alma os animais?

Non. A Biblia di que tanto os animais coma os seres humanos son almas (Números 31:28). Cando o primeiro home, Adán, foi creado non se lle deu unha alma, senón que chegou a ser unha “alma viva” (Xénese 2:7, nota, TNM). A alma componse de dúas cousas: o “po do chan” e o “alento de vida”.

Poden morrer as almas?

Si, a Biblia ensina que as almas poden morrer (Xob 36:14; Santiago 5:20). Cando morren, os animais e os seres humanos volven ó po do chan (Eclesiastés 3:19, 20). Noutras palabras, deixan de existir.

Os animais poden pecar?

Non. Pecar significa pensar, sentir ou facer algo que viola as normas de Deus. É necesario tomar decisións sobre cuestións morais para pecar e os animais non teñen esa capacidade. Normalmente actúan guiados polo seu instinto (2 Pedro 2:12). E cando chegan ó final da súa vida, morren, aínda que nunca pecaron.

Está ben maltratar os animais?

Non. Deus deulles ós seres humanos autoridade sobre os animais, pero non lles deu o dereito de maltratalos (Xénese 1:28; Salmo 8:6-8). A Deus preocúpalle o benestar de tódolos animais, mesmo dos paxariños (Xonás 4:11; Mateo 10:29). Por iso, mandoulles ós seus servos que coidasen dos animais (Éxodo 23:12; Deuteronomio 25:4; Proverbios 12:10).

Versículos da Biblia que falan sobre os animais

Xénese 1:28: “E bendiciunos así [ós primeiros seres humanos]: —‘Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra’”.

Significado: Deus deulles ós seres humanos autoridade sobre os animais.

Números 31:28, TNM: “Dos soldados que foron á batalla, debes tomar como imposto [. . .] unha de cada 500 almas de entre as persoas, o gando vacún, os burros e o rabaño”.

Significado: Tanto os animais coma os humanos son almas.

Proverbios 12:10, TNM: “O xusto coida os seus animais domésticos”.

Significado: A xente boa coida dos animais, incluídas as súas mascotas.

Mateo 10:29: “Verdade que se venden dous gorrións por unha moediña de pouco valor? Aínda así, nin un deles cae ó chan sen que o saiba o voso Pai”.

Significado: A Deus impórtanlle os animais e coida deles, incluso dos máis pequenos.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir