BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 1
  • “Esfórzome por facer todo o que podo”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Esfórzome por facer todo o que podo”
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • Axudamos os irmáns do Caribe despois dun desastre
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Díllelo con palabras
    Historias persoais de testemuñas de Xehová
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 1
Irma escribindo unha carta

“Esfórzome por facer todo o que podo”

Irma, que vive en Alemaña, ten arredor de noventa anos. Como tivo dous accidentes graves e pasou por varias operacións, non pode ir predicar polas portas. Así que agora predica escribindo cartas de ánimo e de condolencia a familiares e coñecidos. A estas persoas gústanlles tanto as súas cartas que a miúdo chaman ou lle escriben para darlle as grazas e preguntarlle cando lles vai mandar a seguinte. Irma di: “Isto faime sentir feliz, e axúdame a seguir predicando”.

Irma

Tamén escribe cartas a persoas que viven en asilos de anciáns. Ela conta: “Unha muller maior chamoume para dicirme que a miña carta a consolara moito cando morreu o seu home. Díxome que a tiña gardada na Biblia e que a lía polas noites. Outra muller, que tamén perdera o seu home, díxome que a miña carta a axudara máis que os sermóns do crego. Tiña moitas dúbidas e preguntoume se me podía visitar”.

Unha coñecida de Irma, que non é testemuña de Xehová, trasladouse a outro lugar e pediulle se lle podía escribir. Irma di: “A muller gardaba tódalas miñas cartas. Cando morreu, a súa filla chamoume. Contoume que lera tódalas cartas que lle escribira á súa nai e pediume se lle podía escribir a ela tamén para ensinarlle da Biblia”.

Irma desfruta moito da súa predicación. Di: “Sempre lle pido a Xehová que me siga dando forzas para facer o que el quere. Inda que non podo predicar polas portas, esfórzome por facer todo o que podo”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir