BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwex artigo 10
  • Confundírono co pastor

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Confundírono co pastor
  • Historias persoais de testemuñas de Xehová
  • Información relacionada
  • O bo efecto da predicación co expositor portátil arredor do mundo
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Historias persoais de testemuñas de Xehová
ijwex artigo 10
Dous homes falan cunha testemuña de Xehová nun cemiterio. Un deles sinala cara un cadaleito

Confundírono co pastor

Osman, a súa muller e a súa filla estaban a predicar cos carriños nos arredores dun cemiterio en Chile. De súpeto chegou un cortexo fúnebre acompañado de música moi alta. Algunha xente confundiu a Osman co pastor evanxélico, achegáronse a el, abrazárono e dixéronlle: “Moitas grazas por chegar puntual, pastor. Estabámolo esperando!”.

Malia que Osman tentou clarexar o malentendido, o barullo que facía a xente era tan grande que non o entendían. Uns minutos despois de entrar a multitude no cemiterio, algunhas persoas volveron e dixéronlle: “Pastor, estámolo agardando no cemiterio”.

Cando amainou a algarada, Osman puido explicarlles quen era e que facía alí. Eles contáronlle que estaban desgustados porque o seu pastor non fora, e preguntáronlle: “Podería vostede dirixirlles unhas palabras da Biblia a esta xente?”. Osman aceptou a invitación.

De camiño ó cadaleito, Osman preguntoulles sobre o finado e pensou nalgúns textos da Biblia que podería lerlles. En chegando á sepultura, presentouse e explicoulle á xente que era testemuña de Xehová e que participaba no labor de dar a coñecer a mensaxe de esperanza que contén a Biblia.

Entón leulles Apocalipse 21:3, 4 e Xoán 5:28, 29 para explicarlles que Deus nunca quixo que as persoas morresen. Tamén lles explicou que Deus pronto resucitará os mortos para que vivan para sempre na terra. Cando Osman rematou, moitos dos presentes abrazárono con agarimo e agradecéronlle “a mensaxe esperanzadora de Xehová”. Despois Osman volveu a carón do carriño.

Logo do funeral, algunhas das persoas foron onda o carriño e fixéronlles preguntas sobre a Biblia a Osman e á súa familia. Tiveron unha longa conversa e a xente levou case que tódalas publicacións do carriño.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir