Nota
a Algúns xudeus desprezaban os curtidores porque o seu traballo implicaba estar en contacto con peles, con cadáveres de animais e con outras substancias repugnantes que eran necesarias para facer o traballo. Os curtidores eran considerados indignos de estar no templo, e os seus lugares de traballo non podían estar a menos de 20 metros dunha cidade. Isto podería explicar por que a casa de Simón estaba “á beira do mar” (Feit. 10:6).